Xunta de Galicia

Telecomunicacións

TELECOMUNICACIÓNS

Modernización das redes

Presentación

A Xunta de Galicia dispón na actualidade dunha rede de acceso con protocolo de rede IP que integra Voz e Datos nas súas principais dependencias, con nodos e centraliñas telefónicas da súa propiedade.

Trátase  dunha infraestrutura integrada por 4.500 equipos de comunicacións, máis de 60.000 dispositivos informáticos  e  21.000 liñas telefónicas.

En cada unha das provincias existen dous nodos de conmutación redundantes no mesmo edificio –salvo na provincia da Coruña onde existen dous nodos en Santiago de Compostela, dous na Coruña e dous en Ferrol, e na provincia de Pontevedra que hai dous en Vigo e outros dous en Pontevedra - que actúan como nodo de acceso da zona e, á vez, como elemento de interconexión das redes de área local existentes no edificio onde está localizado o mesmo.

Cada nodo de conmutación componse de conmutadores, que actúan como concentradores Ethernet, e encamiñadores que se conectan ós conmutadores correspondente mediante portos 10 Gigabit Ethernet.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a