Xunta de Galicia

Telecomunicacións

TELECOMUNICACIÓNS

Modernización das redes

Obxectivos

Coa continua incorporación dos últimos avances tecnolóxicos e, por tanto, a constante modernización das redes de comunicacións da Xunta de Galicia, estanse a perseguir os seguintes catro grandes grupos de obxectivos:

  • Productividade e eficiencia: A adopción das novas tecnoloxías e a implementación dun marco onde integralas, a Rede Corporativa, pretende impulsar o desenvolvemento da sociedade galega e unha mellora substancial da productividade e da eficiencia nos trámites coa Administración Pública.
  • Seguridade: Co fin de preservar a integridade e privacidade dos datos manexados na Administración, é crítico manter un nivel óptimo de seguridade no acceso aos recursos, tanto internamente como nas comunicacións con organismos ou provedores externos da Xunta de Galicia.
  • Velocidade de acceso: Para manter un nivel de servizo óptimo, é preciso que os accesos á rede sexan o máis rápidos e confiables posibles. Para acadar este obxectivo é necesaria a adopción dos últimos estándares nas comunicacións que posibiliten maximizar a velocidade nos accesos dos usuarios aos servizos. As melloras neste aspecto permitiron que a velocidade de acceso á Rede fora duplicada nos últimos dous anos.
  • Aforro de custos: Na procura dos obxectivos anteriores é preciso un compromiso entre o mantemento dun nivel de servizo óptimo á vez que se realiza unha contención dos custos. A redución de gastos nos servizos corporativos foi unha constante nos últimos anos conlevando igualmente unha mellora continua na calidade dos mesmos.
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a