Xunta de Galicia

Telecomunicacións

TELECOMUNICACIÓNS

Modernización das redes

Alcance

A Rede Corporativa da Xunta de Galicia da servizo a preto de 2,8 millóns de cidadáns; máis de 1.260 centros administrativos; 1.400 centros educativos; 600 centros sanitariose 322 entidades xudiciais, así como a 91.000 empregados públicos, entidades e organismos autónomos dependentes da Xunta e incluso a outras entidades públicas como Deputacións, Concellos ou Universidades.

Desde  o  Centro  de  Xestión  de  Rede  da  Xunta  de  Galicia  opéranse  e adminístranse os equipos de comunicacións que forman parte da mesma, máis de 4.500, tanto os nodos troncais como os de acceso aloxados nos máis de 3.000 centros remotos, atendendo a máis de 11.000 peticións de servizo e avarías anuais.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a