Xunta de Galicia

Telecomunicacións

TELECOMUNICACIÓNS

Rede de Emerxencias de Galicia

Por primeira vez a Administración autonómica disporá dunha rede propia que integrará nun mesmo sistema a todos os colectivos que participan nas emerxencias garantido a dispoñibilidade e a seguridade das comunicacións entre eles e mellorará a coordinación e a xestión das situacións de emerxencia e a eficacia e a calidade do servizo ofrecido ao cidadáns nestas circunstancias.

A entrada en funcionamento, a finais de 2013, desta rede de emerxencias dixital e única permitirá a coordinación global en situacións de crise de todos os efectivos de emerxencia dependentes do Goberno autonómico, así como daquelas outras administracións ou organismos que se adhiran.

Cun investimento de 6,5 millóns de euros –a través dun convenio entre as consellerías de Medio Rural e do Mar, Presidencia e Administracións Públicas e Xustiza e a empresa pública Red.es–, a rede empregará a tecnoloxía TETRA, que é a máis punteira neste tipo de comunicacións e a recomendada, a nivel europeo, para redes de emerxencias.  Esta iniciativa enmárcase nas liñas de actuación da Axenda Dixital 2014.gal.

A rede porase a disposición doutros organismos públicos, como deputacións ou concellos, conseguindo, deste xeito, unha maior coordinación dos distintos servizos de emerxencias.

Para crear a nova rede de emerxencias despregaranse infraestruturas de telecomunicacións para o que se aproveitarán as implantadas no marco do Plan de Banda Larga e as redes do operador público Retegal, o que permitirá un aforro de 37 millóns de euros en 10 anos respecto ao uso de redes comerciais convencionais. A empresa pública será a encargada de xestionar a rede dixital de emerxencias.

O número inicial de usuarios estimados entre efectivos de Protección Civil, Axega, Policía Autonómica, 112, Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPDCIF), Grumir, bombeiros e 061 é de 5.000, que se prevé que cheguen aos 8.000 nun período de 3 a 5 anos.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia