Xunta de Galicia

Telecomunicacións

TELECOMUNICACIÓNS

Presentación do Plan de banda larga

A extensión de redes de telecomunicacións, que permita dispor de acceso ao servizo de banda larga, é unha actuación necesaria para abrir novas posibilidades a toda a sociedade galega e impulsar deste xeito a creación de emprego de calidade que garanta unha economía sustentable.

Por devandito motivo, a Xunta de Galicia aprobou a elaboración durante o último trimestre do ano 2009 do primeiro Plan banda larga de Galicia 2010-2013 que establecía como obxectivo, definir a estratexia de despregamento máis adecuada para que a maior parte da sociedade e as empresas galegas tivesen acceso de calidade á banda larga no horizonte do ano 2013.

Como unha actuación imprescindible para a definición do Plan levouse a cabo un estudo exhaustivo de todas as infraestruturas de telecomunicación existentes en Galicia.

Así, en base ao mapa de infraestruturas de telecomunicación resultante deste estudo, elaborouse un informe sobre a situación da banda larga en Galicia no ano 2009, que recolle:

  • As actuacións que se levaron a cabo nos últimos anos para a extensión da banda larga en Galicia.
  • A metodoloxía aplicada para a análise da situación actual.
  • A situación da cobertura dos servizos de banda larga, así como os indicadores de estimación de demanda non satisfeita tanto para o sector residencial, os servizos públicos e o sector empresarial.

Esta análise serviu de base para a elaboración do Plan banda larga.

Máis información:

Plan de Banda Larga de Galicia 2010-2013

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia