O desenvolvemento das infraestruturas de telecomunicacións é un factor clave para o desenvolvemento de Galicia. Por iso, unha das liñas estratéxicas da Axenda Dixital é o despregamento de infraestruturas de telecomunicación como elemento indispensable de cohesión social e equilibrio territorial e para mellorar os servizos ofrecidos á cidadanía.
Entre as principais actuacións en marcha destacan:
A execución das accións definidas no Plan de Banda Larga co obxectivo de reducir o desequilibrio territorial proporcionando acceso á banda larga de calidade a toda a poboación galega.
O potenciamento do operador público Retegal que está a xestionar a infraestrutura de telecomunicacións, distribuída por todo o territorio galego, susceptible de ser utilizada como apoio no desenvolvemento de novas redes.
O CPDI, que está a integrar as funcións dos 80 CPDs, como pedra angular da estratexia tecnolóxica autonómica definida na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal.
Desenvolvemento da primeira Lei de telecomunicacións que establecerá un marco normativo que axilice e facilite o despregamento ordenado de infraestruturas de telecomunicacións en todo o territorio, dun xeito homoxéneo, harmónico e respectuoso co medio ambiente, a paisaxe e o patrimonio cultural.