
O Fogar dixital constitúe unha das pezas crave da nova política de telecomunicacións da Xunta de Galicia definida dentro de 2014.gal Axenda Dixital de Galicia.
Este concepto pódese definir como o lugar onde as necesidades da familia, en materia de seguridade e control, comunicacións, lecer e confort, integración ambiental e accesibilidade, son atendidas mediante a converxencia de servizos, infraestruturas e equipamentos.
É dicir, como o conxunto de servizos que, en diferentes ámbitos e levados a cabo dentro do fogar mediante infraestrutura e equipamento TIC, poden contribuír a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
Con este último obxectivo, a Xunta de Galicia está a elaborar o programa de actuacións a pór en marcha para o impulso do fogar dixital, e contribuír así á promoción, difusión y desenvolvemento do mesmo na nosa comunidade.
Este programa pretende establecer o modo de achegar as tecnoloxías aos fogares galegos para mellorar a vida da ciudadanía: por exemplo facilitando o aforro de enerxía no fogar, permitindo servizos de asistencia en remoto para os maiores e persoas dependentes ou aumentando os niveis de seguridade e confort na vida cotiá.
Do mesmo modo pretende abrir novas posibilidades para as empresas do sector tecnolóxico en Galicia, abrindo a oportunidade de ser pioneiros na construción de servizos de valor engadido que permitan novos modelos de negocio e por tanto crecemento, expansión e emprego dentro do sector.
Para iso iniciouse a elaboración dun diagnóstico sobre a situación actual do fogar dixital en Galicia e en España. Este diagnóstico será o punto de partida para identificar a estratexia e definir o programa de actuacións–que estará rematado nos próximos meses- máis adecuado á realidade da nosa rexión para o impulso do fogar dixital.
Volver