Xunta de Galicia

Telecomunicacións

TELECOMUNICACIÓNS

CPDI

Obxectivos

O novo Centro de Proceso de Datos Integral constituirá o corazón dixital de Galicia contribuíndo a mellorar a competitividade, reducir custos, acadar unha mellor eficiencia enerxética, unha maior flexibilidade, interoperabilidade e seguridade así como unha simplificación da xestión e unha homoxeneización da estratexia tecnolóxica da Xunta.

Nesta liña, o novo CPDI acherará as seguintes vantaxes:

Aforro
Unha vez integrados todos os servizos no novo CPDI, acadarase un aforro de máis de 500.000 euros na factura eléctrica grazas á redución dun 50% do custo enerxético por metro cadrado coa nova plataforma tecnolóxica e dun 27% do gasto anual da factura dos CPD actuais.

Tamén se producirá un aforro de 2 millóns de euros anuais no custo de infraestruturas tecnolóxicas grazas á redución dun 30% das necesidades de investimento en hardware e dun 30% no mantemento do mesmo. Por outra banda, a reorganización dos espazos liberados nos edificios administrativos da Xunta posibilitará un aforro de 500.000 euros. En total, a Xunta reducirá en 3 millóns de euros cada ano o gasto nos conceptos citados.

Por outra banda, produciranse aforros derivados da homoxeneización das distintas plataformas e mellorarase dun xeito moi significativo a capacidade de crecemento das infraestruturas así como a dispoñibilidade dos servizos ó dotar ó CPDI de todos os elementos necesarios para manter o servizo, como grupo electróxeno, sistemas de alimentación ininterrompida redundantes, acometidas eléctricas e de telecomunicacións redundantes, sistemas de refrixeración redundantes, extinción de incendios, etc.

Servizo a cidadáns e entidades públicas
O Centro de Proceso de Datos Integral dará servizo a preto de 2,8 millóns de cidadáns; máis de 1.260 centros administrativos; 1.400 centros educativos; 600 centros sanitarios; 322 entidades xudiciais e 1.500 farmacias así como a 91.000 empregados públicos, entidades e organismos autónomos dependentes da Xunta e incluso a outras entidades públicas como deputacións, concellos ou universidades.

Instalacións
Aloxado no monte Gaiás, o novo CPDI ocupará un espazo no Edificio de Servizos Centrais da Cidade da Cultura. Habilitaranse as áreas de operadores, reparación e montaxe, equipamento de copias de respaldo, sala de comunicacións para dar servizo ós servidores, sala para os operadores de telecomunicacións, sala de servidores e área técnica.

Está previsto rematar o acondicionamento da nova plataforma tecnolóxica a pricipios do ano 2012 e completar a integración dos centros de datos de 8 consellerías ao longo de 2012.

O traslado da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica ás instalacións da Cidade da Cultura realizarase no primeiro semestre do 2012.

Eficiencia Enerxética
O novo CPD, na súa máxima ocupación, suporá un aforro de máis de 500.000 euros anuais,  producidos por:

  • Maior eficacia das instalacións proxectadas para o novo CPD.
  • Cambio de tarifa de varios dos CPDs que están contratados en baixa tensión e pasarán a estar contratadas en media tensión.

O novo CPD, grazas ao seu deseño máis eficiente, consumirá por metro cadrado menos do 50% que os CPDs existentes na Xunta de Galicia.
 

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a