
Avance
A construción do espazo físico onde se localizará o CPDi, na cola do edificio de Servizos Centrais, xa está a piques de ser concluída a falta de pequenos remates na cuberta exterior e na fachada.
Na actualidade, están rematadas as canalizacións para os cableados estruturados e as acometidas eléctricas e de telecomunicacións e estanse instalando as máquinas do sistema de climatización das salas de comunicacións e servidores.
A principios de marzo rematarase a instalación do cableado de comunicacións tanto de cobre como de fibra, a instalación eléctrica, os armarios de comunicacións e o sistema de detección e extinción de incendios.
A instalación da totalidade do sistema de comunicacións quedará rematada durante os meses de marzo e abril de 2012, cando se realice a instalación da electrónica de rede.
O traslado do equipamento dos diferentes CPDs que formarán parte do novo CPDi levarase a cabo antes de finais de 2012.
Volver