A Rede CeMIT coordina as actuacións das distintas aulas públicas de acceso a internet dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidas a acadar a alfabetización dixital da sociedade galega e o desenvolvemento da sociedade da información.
O CPDI contribúe a mellorar a competitividade, reducir os costes, acadar unha mellor eficiencia enerxética e simplificar a xestión, homoxeneizando a estratexia tecnolóxica da Xunta.
É o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, xuntando os esforzos cara á modernización e mellora da educación como parte da estratexia transversal do Goberno galego de promoción das TIC a todos os sectores.
Folla de ruta para acadar unha xustiza máis eficaz, transparente e próxima á cidadanía garantindo a coordinación e interoperabilidade coas institucións da Administración de Xustiza e as CCAA.
Portal que pon a disposición de cidadáns e empresas un catálogo de información pública, con datos de acceso libre, actualizados e en formatos abertos e estándar.