
En cumprimento do disposto no artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, procédese a publicar no presente portal, a relación dos procedementos de elaboración de disposición administrativas de carácter xeral que están en curso, indicando o seu obxecto e estado de tramitación, coa posibilidade de que os cidadáns poidan remitir as súas suxestións.
En calquera momento anterior ao trámite de audiencia ou, de ser o caso, ao informe final da entidade instrumental, as persoas, individualmente ou por medio das asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitir suxestións relativas a aqueles proxectos que as afecten. As proposicións, suxestións ou recomendacións recibidas serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final no cal recibirán unha resposta razoada, agás as de recoñecida e notoria urxencia, que poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.
A presentación de propostas non atribúe, por si mesma, a condición de persoa interesada no procedemento.
O previsto anteriormente non substitúe ao trámite de audiencia pública, nos supostos en que sexa preceptiva de acordo coa normativa de aplicación.
Anteproxecto de Lei de impulso e ordenación das infraestructuras de telecomunicacións de Galicia
Órgano administrativo:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Obxecto:
A presente lei ten por obxecto o impulso e a ordenación das infraestruturas de telecomunicacións no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo o marco legal e as condicións adecuadas para que o despregamento territorial das mesmas se realice de xeito áxil, ordenado, eficiente e respectuoso co medio ambiente.
Estado de tramitación:
Fase intermedia.
Forma de remitir as suxestións ou consultas:
Poderán ser formuladas cantas suxestións estímense convenientes por vía electrónica á dirección: amtega@xunta.es ou nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo.
Anteproxecto de Orde pola que se aproba o protocolo de identificación e sinatura electrónicas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia
Órgano administrativo:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Obxecto:
A presente orde ten como obxecto aprobar un marco estable, coordinado e homoxéneo para toda a Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia que regule o desenvolvemento do modelo de sinatura electrónica na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia..
Estado de tramitación:
Fase inicial do anteproxecto.
Forma de remitir as suxestións ou consultas:
Poderán ser formuladas cantas suxestións estímense convenientes por vía electrónica á dirección: oficina.estratexica@xunta.es ou nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo.
Anteproxecto de Orde pola que se aproba o protocolo de sede electrónica da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia
Órgano administrativo:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Obxecto:
A presente orde aproba o protocolo de sede electrónica na Administración xeral de Galicia que determina o modelo de sede electrónica.
Estado de tramitación:
Fase inicial do anteproxecto.
Forma de remitir as suxestións:
Poderán ser formuladas cantas suxestións estímense convenientes por vía electrónica á dirección: oficina.estratexica@xunta.es ou nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo.
Volver