Xunta de Galicia

Sector TIC

EMPRESAS

Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia

A Xunta de Galicia está a poñer en marcha, como unha das actuacións dentro da estratexia de impulso do sector TIC, un programa de demanda temperá de tecnoloxía innovadora.

Este programa promoverá a identificación de solucións tecnolóxicas innovadoras que acheguen vantaxes competitivas ás administracións públicas e, por tanto, permitan contar con cada vez mellores servizos públicos que dean soporte ás necesidades dos cidadáns e empresas de Galicia.

Ademais, a través deste sistema incentivaranse os procesos de innovación no sector TIC para o desenvolvemento de solucións diferenciais e con vantaxes competitivas que contribúan ao pulo do sector en Galicia e á exportación de novos servizos TIC a novos mercados fóra da mesma.

Como primeira actividade dentro deste programa, e dentro do ámbito socio-sanitario, elaborouse o mapa de capacidades tecnolóxicas de Galicia.

O mapa de capacidades tecnolóxicas de Galicia no ámbito socio-sanitario é un documento vivo, que ten a intención de recoller o conxunto das capacidades e coñecementos tecnolóxicos dos diferentes axentes que desenvolven a súa actividade no ámbito sanitario e social de Galicia. Isto inclúe tanto entidades galegas que desenvolven proxectos neste ámbito en Galicia, no resto do territorio nacional e proxectos internacionais, como empresas de ámbito nacional e/ou internacional que desenvolven proxectos de temática socio-sanitaria no ámbito xeográfico concreto de Galicia.

O mapa inclúe a experiencia e coñecementos tecnolóxicos, ademais de información detallada de numerosos proxectos, de todos os grupos de investigación TIC de Galicia que desenvolven o seu traballo no ámbito mencionado e de diferentes centros tecnolóxicos galegos ademais do sector empresarial.

Este instrumento serve como punto de partida para coñecer as capacidades tecnolóxicas galegas neste ámbito e para orientar mellor as actuacións que a partir de agora leven a cabo dentro deste programa para o impulso do sector tecnolóxico.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a