
O sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación está a converterse nunha das áreas produtivas claves no desenvolvemento económico e social de Galicia, pola súa condición de acelerador do cambio tecnolóxico e polo seu carácter transversal ao resto de sectores.
Nesta contorna, 2014.gal Axenda Dixital de Galicia define dúas liñas de impulso ao sector da economía do coñecemento, unha co obxectivo de converter ao sector empresarial TIC nun sector de liderado na economía galega, dando soporte á competitividade de Galicia e outra, para axudar a que as TIC faciliten que Galicia sexa quen de construír unha economía intelixente e sustentable que mellore a produtividade; elimine as súas debilidades estruturais; incentive a innovación e a calidade; e xere un alto nivel de emprego.
Así, as novas tecnoloxías convértense nunha ferramenta de dobre empuxe: por un lado melloran a eficiencia das empresas, e por outro, actúan como mecanismo para facilitar a innovación: “facer diferentes ás empresas”. Innovar é converter ideas en valor. As TIC son esenciais para observar o mundo, operar con eficacia en toda a cadea de valor, e transformar as organizacións, aproveitando as novas oportunidades dos mercados emerxentes, xa que logo, como panca da innovación.
En canto, ao propio sector TIC, a liña persegue a consecución dos seguintes obxectivos:
Para acadar estes obxectivos é necesaria a execución de políticas encamiñadas a favorecer un mellor posicionamento do sector da economía do coñecemento, impulsando a capacitación e a especialización de capital humano; a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica, para converter a Galicia nunha terra de emprendedores; a especialización en segmentos altamente innovadores e que desenvolva un marco que integre ás empresas: cooperar para competir; a consolidación de estruturas eficientes de apoio á innovación; e por último, facer de Galicia una fonte de coñecemento tecnolóxico dende as Universidades cara aos sectores estratéxicos da rexión.
No referido á aplicación das TIC no tecido empresarial galego, os obxectivos son:
En resumo, é preciso o aliñamento de todos os axentes do ecosistema TIC: un capital humano tecnolóxicamente cualificado, unha investigación orientada ás necesidades de presentes e futuras para o mercado, unha administración incentivadora do seu uso e das súas vantaxes; e un sector tecnolóxico, catalizador para exercer de tractor para o resto de sectores estratéxicos da economía galega, de xeito que as empresas as vexan como unha vantaxe competitiva: “as TIC como investimento e non como gasto”.
Para isto é necesario avanzar cara un enfoque centrado nas empresas, nos seus obxectivos e nas súas necesidades concretas, e coñecer as barreiras que fan que as empresas adopten ou rexeiten as TIC dende unha dobre perspectiva: a contorna económica e competitiva