
Presentación
A promoción, difusión e fomento da utilización de tecnoloxías baseadas en software libre e de fontes abertas (FLOSS), máis alá de ser unha tendencia na Administración Pública, é considerada estratéxica por parte do Goberno da Xunta de Galicia.
Software libre é calquera programa informático que pode ser executado, copiado, distribuído, estudado, cambiado e/ou mellorado sen necesidade de pedir permiso nin pagar licenzas de uso ao seu desenvolvedor. De modo máis preciso, software libre é aquel que concede aos usuarios as catro liberdades:
Un programa é software libre se os usuarios teñen todas estas liberdades. Así pois, debería ter a liberdade de distribuír copias, sexa con ou sen modificacións, sexa de balde ou cobrando unha cantidade pola distribución, a calquera.
Para o fomento da utilización das tecnoloxías baseadas en FLOSS (Free/Libre/Open Source Software) e tendo en conta a transversalidade inherente destas políticas, é preciso definir unha estratexia ben enfocada para garantir o maior retorno posible, unha mellora da produtividade e da eficiencia, e a participación activa nesta comunidade de coñecemento.
Volver