
Alcance e obxectivos
O marco estratéxico tecnolóxico da Xunta de Galicia, a Axenda Dixital 2014.gal establece unha serie de obxectivos estratéxicos a cuxa consecución contribúen as accións de promoción das tecnoloxías FLOSS:
Con estes obxectivos presentes, defínense unhas liñas estratéxicas de impulso ao FLOSS promovidas dende a Xunta de Galicia:
Estas liñas estratéxicas plasman o compromiso do goberno galego cunhas políticas TIC sostibles e de calidade, garantes cos dereitos dos cidadáns e coas esixencias tecnolóxicas dos mesmos, rexidas polo principio reitor da cooperación, e dirixidas a modernizar Galicia.
A través de Plans de Acción FLOSS anuais establécense unha serie de actuacións e actividades dirixidas a acadar en Galicia un maior uso do FLOSS nos ámbitos da Administración Pública, da Cidadanía e da Empresa, mantendo a colaboración cos axentes FLOSS galegos así como co CENATIC, coa intención de xuntar esforzos e executar unha estratexia global e integradora de forma coordinada cos medios da Oficina de Coordinación FLOSS.
En definitiva pode considerarse que o verdadeiro valor estratéxico está en compartir todos os recursos necesarios para a reutilización eficiente do software e do coñecemento.
Volver