
Contacto
A Oficina de Coordinación FLOSS constitúese coma o punto de referencia para todos os axentes involucrados no desenvolvemento do software libre en Galicia, fomentando o avance homoxéneo das distintas actuacións neste eido levadas a cabo dende distintos ámbitos.
A oficina de coordinación FLOSS foi creada no ano 2010 baixo a dirección da antiga Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a recente Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A Oficina de Coordinación FLOSS é unha ferramenta de gran axilidade e eficacia para coordinar as diferentes accións promovidas pola Xunta de Galicia relativas ao fomento e promoción do FLOSS, así como para apoiar á propia Xunta de Galicia na definición de accións en materia de FLOSS a medio e longo prazo.
Os obxectivos da Oficina de Coordinación FLOSS son:
Os datos de contacto da Oficina de Coordinación FLOSS son: ocfloss@xunta.es, teléfonos: 981957000 e 981957007
Pode ver con maior detalle as Funcións e o Catálogo de Servizos da Oficina na seguinte presentación
http://imit.xunta.es/descargas/MapaServizosOCFLOSS.pdf
A Xunta de Galicia da man da Oficina de Coordinación FLOSS pon a disposición de toda a comunidade galega o portal Mancomún como portal de referencia e aglutinador de todas as iniciativas FLOSS que se están a desenvolver en Galicia dende os diferentes ámbitos; institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc. con dous obxectivos principais:
Volver