
Avance: Plan de acción FLOSS 2012
Dende que o ano 2010 a Xunta de Galicia puxera en marcha por primeira vez en Galicia o plan específico orientado ao fomento do Software Libre na nosa Comunidade, coñecido como o Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas, téñense conseguido grandes avances na adopción e uso do software libre nos diversos ámbitos da nosa sociedade. A continuidade dada á devandita iniciativa a través do Plan de Acción en materia de Software Libre 2011 permitiu reforzar este impulso aproveitando o marco creado a través da Axenda Dixital 2014.gal e incidindo en aspectos como primar o software libre nas iniciativas de eAdministración, adquisición de competencias dixitais a través de ferramentas de fontes abertas, promoción do software libre no ámbito empresarial, etc.
Os resultados obtidos tanto en 2010 como en 2011 foron moi satisfactorios, reflectíndose os principais aspectos dos mesmos no Informe de Seguimento do plan de acción 2010 e no Informe de seguimento do plan de acción 2011.
No presente ano 2012, e pese á dificultade do actual contexto económico, a Xunta de Galicia segue a apostar decididamente polo fomento e promoción do Software Libre e dos estándares abertos, considerando tales tecnoloxías como ferramentas de gran valor para avanzar cara un modelo produtivo máis sostible, cara unha sociedade máis competente no ámbito tecnolóxico, e cara unha administración pública máis eficiente e próxima á cidadanía.
Sobre este plantexamento a AMTEGA promove o Plan de Acción Software Libre 2012 como motor para continuar o traballo a prol do software libre e de fontes abertas na nosa Comunidade. Neste Plan non só se materializa a continuidade coas accións iniciadas en 2010 e 2011, senón que tamén se articula un aproveitamento eficaz e eficiente das diversas ferramentas que se foron implementando nestes anos.
As accións do plan FLOSS nos tres eidos de actuación son as seguintes:
PROMOCIÓN DO FLOSS NO SECTOR EMPRESARIAL
FOMENTO DO FLOSS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
FORMACIÓN E DIFUSIÓN FLOSS
A colaboración cos axentes FLOSS galegos, Asociacións de Usuarios de Software Libre, a Asociación Galega de Empresas de Software Libre e as tres Universidades Galegas, xunto con CENATIC, permite xuntar esforzos e executar unha estratexia global e integradora.
Pode ver con maior detalle o documento completo Plan operativo en materia de FLOSS 2011 en formato pdf.
Documentación:
Plan de acción FLOSS 2010
En 2010 a Xunta de Galicia puxo en marcha o Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas, configurando a través do mesmo o inicio dun camiño ben definido dirixido a fomentar en Galicia a utilización de tecnoloxías baseadas en software libre e de fontes abertas (FLOSS, de Free/Libre/Open Source Software), así como dos estándares abertos.
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica desenvolveu este plan, dotado con 800.000 euros no 2010, tras constatar a necesitade de xuntar esforzos aproveitando mellor os fondos públicos destinados á promoción do software libre e de fontes abertas para acadar un maior uso destas aplicacións na Administración, na cidadanía e nas empresas galegas.
Resultados:
Coa dotación específica de 800.000 €, e cunha forte integración nas liñas de traballo definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, o Plan de Acción 2010 gozou dun alto grao de execución e transversalidade, constituíndose nunha ferramenta de gran utilidade na unificación, racionalización e mellora das iniciativas TIC promovidas dende a Xunta de Galicia.
Piares da nosa Sociedade, como a Educación ou o tecido empresarial, foron e están a ser obxectivo de actuacións de enorme calado como o Proxecto Abalar ou o Centro Demostrador TIC, e en todas elas o Software Libre e de Fontes Abertas está a ter un papel protagonista.
A maiores da dotación específica de 800.000€, executada integramente durante a execución do Plan, engadíronse 825.000€ destinados á incorporación e mantemento de plataformas FLOSS encadradas no proxecto estratéxico de eAdministración da Xunta de Galicia, así como 6.250.000€ dedicados ao despregue de infraestrutura TIC baseada en FLOSS no ámbito das actuacións do Plan Abalar.
Pode coñecer con detalle os resultados pode consultar o documento titulado Informe de Seguimento do Plan de Acción FLOSS Ano 2010 en formato pdf.
Volver