
Hoxe en día, atopámonos nun mundo globalizado, caracterizado pola aparición de mercados emerxentes e novas rexións competidoras. Galicia debe apostar por converterse nunha rexión aberta ao mundocapaz de facer fronte á velocidade dos cambios nas relacións comerciais e de produción.
Galicia debe construír unha economía intelixente, sustentable e integradora “impulsando a competitividade e mellorando a produtividade do tecido empresarial, eliminando as debilidades estruturais existentes, incentivando a innovación e a calidade, apoiando a creación de novas empresas e xerando un alto nivel de emprego”
As TIC son a grande oportunidade das empresas galegas para facer fronte a eses retos. Estas convértense nunha ferramenta de dobre empuxe: melloran a eficiencia das empresas e facilitan a innovación. Facilitan a conversión das ideas en valor. As TIC son esenciais para aproveitan as novas oportunidades dos mercados emerxentes facendo de panca de innovación.
Sen embargo, en Galicia o nivel de dotación e uso das TIC nas micropemes, conforman a maior parte do tecido empresarial en Galicia, esta lonxe de converxer coa media europea. Existe una profunda fenda entre as pemes e as micropemes. Estas ultimas presentan un preocupante desinterese pola oferta tecnolóxica, seguramente producido polo descoñecemento.
Nesta contorna, 2014.gal Axenda Dixital de Galicia, definiu unha liña estratéxica “Empresa innovadora e Economía Dixital” co obxectivo de promover a Sociedade da Información no tecido empresarial galego.
Coa posta en marcha desta liña promoverase a utilización intensiva e extensiva das TIC para crear redes de colaboración que lles permitan competir con éxito en calquera sector ou mercado e para innovar tanto no desenvolvemento de produtos como na súa propia operativa e modelo de negocio.
Máis concretamente, os obxectivos estratéxicos que persegue a Axenda Dixital a través da definición desta liña son os seguintes:
Para acadar este obxectivos é preciso facer chegar as TIC ás empresas como unha vantaxe competitiva: “as TIC como investimento e non como gasto”.
Para isto é necesario avanzar cara un enfoque centrado nas empresas, nos seus obxectivos e nas súas necesidades concretas. É necesario coñecer as barreiras que fan que as empresas adopten ou rexeiten as TIC dende unha dobre perspectiva: a contorna económica e competitiva.
Este enfoque global y coordinado, ten que lograr que as empresas dos diferentes sectores estratéxicos de Galicia, fagan súas as necesidades das TIC mediante o coñecemento destas. Lograr que as mesmas empresas se dean conta dunha necesidade en especial.
Neste contexto o sector TIC preséntase como o catalizador do restos de sectores estratéxicos de Galicia, impulsando a súa competitividade grazas ás oportunidades e vantaxes que derivan da incorporación das novas tecnoloxías aos seus modelos de negocio.
O proceso de introdución das TIC nos sectores produtivos debe pasar primeiramente polo denominador Plan de demanda anticipada tecnolóxico-industrial. Este plan permite garantir a perfecta incorporación das novas tecnoloxías, xa que esta aliñada coas necesidades específicas de cada sector.
Ademais é necesario deseñar actuacións mais e mellor focalizadas apostando por unha segmentación das necesidades TIC nas empresas galegas.
O novo modelo de incorporación das TIC ás empresas dos sectores estratéxicos de Galicia debe entenderse coma un proceso constante que debe comezar por achegar as novas tecnoloxías aos empresarios mediante medidas sensibilizadoras para difundir o seu coñecemento e xerar confianza.
Por último, é moi importante o asesoramento e o acompañamento posterior a implantación das TIC. A figura do titor tecnolóxico asociado a rede CeMIT xogará un papel moi importante, axudando a coñecer a situación das empresas identificando cales son as súas necesidades concretas.
Volver