Xunta de Galicia

Sector TIC

EMPRESAS

Centro Demostrador TIC de Galicia

Alcance e obxectivos

Como punto de encontro entre a oferta TIC e a demanda empresarial tecnolóxica, contribuirá a conquerir os seguintes obxectivos: incrementar a demanda de produtos TIC e adaptar esta demanda ás necesidades de innovación dos sectores estratéxicos. Especialmente:

Para o sector TIC:

  • Contar cun espazo físico e o apoio preciso para a realización de demostracións prácticas das solucións á empresas de todos os sectores produtivos.
  • Contar cunha plataforma que proporciona unha maior visibilidade ós seus produtos, servizos e capacidades tecnolóxicas.
  • Información necesaria acerca das demandas e necesidades do tecido empresarial galego en materia de Novas Tecnoloxías
  • Información de axudas, proxectos e iniciativas que poden axudar a incrementar a súa competitvidade

Para o sector non TIC:

  • Demostracións prácticas de solucións tecnolóxicas que poden axudarlles a incrementar a súa produtividade e competitividade
  • Un directorio onde atopar, dunha maneira rápida e sinxela, o provedor, produto ou servizo TIC galego que se axuste as súas necesidades
  • Información precisa sobre as solucións mais novedosas para o seu sector
  • Información de axudas e financiación, proxectos e iniciativas orientadas á implantación ou mellora das TIC no seu negocio

Queremos avanzar, queremos integrar as TIC de xeito efectivo en todos os sectores produtivos e unha boa fórmula é aliñar a oferta TIC e a demanda empresarial.

O Centro Demostrador será a ferramenta que nos axude a conseguir este obxectivo.

Para máis información pode consultar a web do Centro Demostrador TIC

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia