
Avance
O Centro Demostrador das TIC, que foi inaugurado en xuño do 2010, está ubicado no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela e desenvolve distintos tipos de actividades que poden estar promovidas tanto pola Xunta de Galicia como por calquera entidade ou colectivo externo.
Actividades
As actividades poden ser de 3 tipos:
Nos primeiros meses xa se desenvolveron as seguintes:
MapaTIC.gal
Así mesmo está en proceso de recompilación da información a elaboración do MapaTIC.gal, unha plataforma web que serva de punto de encontro virtual entre os diferentes actores que participan na Oferta-Demanda Tecnolóxica de Galicia, cara a identificar provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia alén dos potenciais demandantes de tecnoloxía.
A posta en marcha do MapaTIC.gal estrutúrase entorno a un Plan de Acción dividido en diversas fases de execución. Actualmente atópase na fase 1, OFERTA TECNOLÓXICA, consistente no rexistro de empresas e autónomos TIC, produtos e servizos TIC galegos.
Neste senso, o primeiro traballo realizado e xa publicado é o Mapa de capacidades tecnolóxicas no ámbito socio-sanitario, que recolle os principais proxectos que neste campo están a desenvolver as empresas e grupos de investigación galegos.
Volver