Xunta de Galicia

Sector TIC

EMPRESAS

Abert@s

Portal OPEN DATA

20120301_logo_abertoasA reutilización da información do sector público (RISP) ten por obxectivo o uso por parte de persoas físicas ou xurídicas, xa sexa con fins comerciais ou non comerciais, dos datos xestionados e postos a disposición polos organismos do sector público.

A RISP ten a súa base normativa na Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, que transpón a Directiva europea 2003/98, e no Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia na internet.

O sector público produce unha gran cantidade de información que é potencialmente reutilizable por parte de cidadáns e empresas. Datos de carácter xeográfico, estatístico, meteorolóxico, turístico, social, económico, etc… que, ademais de resultar moi atractivos para a súa reutilización, son completos, fiables e de calidade.

20120301_esquema_abertoas

O obxectivo dunha iniciativa RISP é lograr que a reutilización e redistribución da información pública repercuta en beneficio tanto das administracións públicas que sacan á luz os seus datos, como dos cidadáns e empresas que ven así cubertas algunhas das súas necesidades.

Portal Abert@s

Para alcanzar os obxectivos sinalados, unha iniciativa RISP precisa dunha plataforma que permita a interacción cos axentes reutilizadores. Atendendo a isto, a Xunta de Galicia publicou no mes de marzo de 2012 o portal Abert@s, no que se pon a disposición de cidadáns e em20120326_abertos1presas o seu catálogo de información pública, con datos de acceso libre, actualizados e en formatos abertos e estándar.

Este portal dispón dunha estrutura sinxela onde o catálogo de datos, que ao fin e ao cabo é o que motiva esta publicación web, ocupa un espazo central. Así, as principais funcionalidades que se inclúen están orientadas a facilitar a localización e reutilización dos conxuntos de datos dispoñibles no catálogo: buscador; filtros (por data de publicación, orde alfabética, temas, contidos e formatos); información sobre a tipoloxía de datos utilizada, os seus formatos; destacados cos últimos conxuntos publicados…

Abert@s incorpora, asemade, unha serie de espazos informativos grazas aos cales os/as usuarios/as do portal poderán coñecer mellor a iniciativa e o contexto que a motiva, a normativa asociada, as condicións de uso do catálogo de datos… Co obxecto de motivar a reutilización e interactuar coa cidadanía, o portal inclúe un espazo (ideas!) pensado para recoller experiencias que xa se teñan levado adiante a partir da reutilización de datos da administración pública, fomentar a creación de novas aplicacións e dar resposta ás inquedanzas e necesidades dos usuarios/as.

Para máis información visiten o portal na dirección http://abertos.xunta.es.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia