Desde a Xunta de Galicia ponse en marcha a Oficina de Coordinación FLOSS no eido das Tecnoloxías da Información e a Comunicación baseadas en Software Libre e de Fontes Abertas.
O principal cometido da Oficina de Coordinación FLOSS atinxe á coordinación das diferentes accións promovidas pola Xunta de Galicia relativas ao fomento e promoción do Software Libre e de Fontes Abertas, así como apoiar á propia Xunta de Galicia na definición a medio e longo prazo en materia de FLOSS. Entre os seus obxectivos figuran:

A Oficina de Coordinación FLOSS constitúe o punto de referencia para todos os axentes involucrados no desenvolvemento do Software Libre en Galicia fomentando o avance homoxéneo das distintas actuacións do Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas (FLOSS), promovido pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia.
Os datos de contacto da Oficina de Coordinación FLOSS son:

Pode ver con maior detalle as funcións e o Catálogo de Servizos da Oficina na seguinte presentación
Volver