A Rede CeMIT coordina as actuacións das distintas aulas públicas de acceso a internet dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidas a acadar a alfabetización dixital da sociedade galega e o desenvolvemento da sociedade da información.
O CPDI contribúe a mellorar a competitividade, reducir os costes, acadar unha mellor eficiencia enerxética e simplificar a xestión, homoxeneizando a estratexia tecnolóxica da Xunta.
Posta en marcha dunha serie de proxectos destinados a potenciar o desenvolvemento da administración electrónica e modernización dos servizos que ofrece a Xunta de Galicia de cara o cidadán.
Folla de ruta para acadar unha xustiza máis eficaz, transparente e próxima á cidadanía garantindo a coordinación e interoperabilidade coas institucións da Administración de Xustiza e as CCAA.
Portal que pon a disposición de cidadáns e empresas un catálogo de información pública, con datos de acceso libre, actualizados e en formatos abertos e estándar.