Xunta de Galicia
Inicio / iMit

As TIC na Xunta

As TIC constitúen un instrumento de alto nivel estratéxico polo seu potencial para impulsar a modernización da Administración pública, así como a súa capacidade para estimular e sustentar o desenvolvemento social e económico de Galicia.

Este posicionamento estratéxico require a coordinación efectiva das iniciativas de todos os departamentos e organismos da Xunta de Galicia, encargados do desenvolvemento das tecnoloxías da información.  É preciso ordenar e homoxeneizar as actuacións en materia de TIC de toda a Administración galega, vertebrándoas en torno a unhas directrices tecnolóxicas comúns.

Trátase de avanzar todos na mesma dirección, facilitando aos cidadáns uns servizos  de calidade, independentemente da estrutura orgánica da Administración pública.

Para dar resposta a esta necesidade, a estrutura de tecnoloxías da información da Xunta articúlase en torno a:

  • A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT),  departamento con dependencia directa do presidente da Xunta, que establece a estratéxica tecnolóxica global, dirixe os proxectos de carácter transversal e coordina os plans operativos das diferentes consellerías, buscando a calidade, a racionalización das actuacións e a mellora da eficiencia na xestión das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). 
  • As áreas TIC de cada consellería, responsables de identificar e dar resposta aos problemas de tecnoloxías e sistemas dos órganos e unidades administrativas do seu ámbito de responsabilidade, e de levar a cabo as iniciativas e directrices emitidas desde a SXMIT.

Para a consecución dos obxectivos tecnolóxicos da Xunta é imprescindible a implicación e colaboración de todos os profesionais das TIC dos diferentes departamentos e organismos da Xunta.
 

 Modelo de coordinación

 

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a