Xunta de Galicia
Inicio / iMit
Dende a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica quero darlles a benvida a iMit (Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica), un novo portal web que nace co obxectivo de converterse nun instrumento de comunicación, divulgación e promoción das diversas actividades que en materia de sociedade da información se realicen dende a Xunta de Galicia. Polo tanto, búscase que este espazo sirva de punto de referencia para a cidadanía dos plans e servizos propostos dende a Administración autonómica.

Os contidos incluídos nesta web reflicten cal é a estratexia da Xunta de Galicia en materia de promoción, desenvolvemento e difusión da sociedade da información, unha estratexia integradora e próxima á cidadanía que se plasma en todos os plans e documentos que aquí se recollen.

Neste sentido, iMit concíbese como a canle de comunicación acerca dos programas e proxectos que se están a levar a cabo por parte da Administración autonómica, así como doutra información de interese sobre convenios de colaboración, noticias ou actos que se poñan en marcha.

Este portal web é pois reflexo do traballo que o Goberno está a realizar neste campo e mostra como as tecnoloxías da información e a comunicación constitúen un dos seus eixes de actuación estratéxicos.

Na Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica  agardamos que iMit se converta nun espazo útil e próximo á cidadanía, que satisfaga as actuais demandas sociais en materia de sociedade da información e que sirva de punto de partida no impulso que o Goberno galego quere dar neste ámbito.

 

 Mar Pereira Álvarez                           
   
Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a