
Galicia marcouse como obxectivo, dentro do actual marco establecido polo Plan Estratéxico Galicia 2010-2014, o reto de converxer co horizonte europeo para 2020. Deste Plan xorde a Axenda Dixital de Galicia, como aposta pola definición dunha estratexia clara en materia de Sociedade da Información, que nos permita competir como rexión no novo mercado único dixital europeo definido pola Axenda Dixital para Europa e na nova economía do coñecemento, como camiño para unha recuperación económica sustentable.
Dentro do contexto da Axenda Dixital de Galicia, o último ano supuxo o arranque para iniciativas básicas na creación de infraestruturas, como o Plan de Banda Larga ou o Centro de Proceso de Datos Integral, e a aposta decidida pola administración electrónica, impulsando un Decreto para o seu desenvolvemento en Galicia, desenvolvendo proxectos para a mellora de servizos públicos dixitais e fomentando e divulgando o uso do TIC, como a rede CeMIT ou o proxecto Abalar.

A Axenda Dixital de Galicia enfróntase a un importante cambio de enfoque estratéxico: o seu obxectivo é pasar dunha sociedade que utiliza o TIC, a unha sociedade galega que se serve das novas tecnoloxías para xerar un crecemento sustentable, para mellorar as súas cotas de participación na toma de decisións e para contribuír á súa calidade de vida sobre a base do coñecemento. Para logralo, contará co impulso e a participación activa de todos os axentes implicados na Sociedade da Información.
Este enfoque marcouno a Comisión Europea, que deseñou unha estratexia para axudarnos a saír fortalecidos da crise e a converter á UE nunha economía que goce de altos niveis de emprego, de produtividade e de cohesión social. Este é o labor de "Europa 2020: Unha estratexia para un crecemento intelixente, sustentable e integrador" (Bruxelas, 3.3.2010 - COM(2010) 2020), que constitúe unha nova visión da economía social de mercado de Europa para o século XXI, propondo tres prioridades que se reforzan mutuamente:
Neste contorno, Europa 2020 establece sete iniciativas para catalizar os avances en cada un dos temas fixados como prioritarios. Unha delas, consiste na definición da Axenda Dixital para Europa (Bruxelas, 19.05.2010 COM (2010) 245) que fai das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) a peza crave para que Europa consiga as súas ambicións para 2020.
Algúns dos eixos de actuación nos que se estrutura a Axenda Dixital para Europa co obxectivo de contribuír ao crecemento económico de Europa son os seguintes: