Xunta de Galicia

Estratexia

AXENDA DIXITAL

2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011

Balance 2009-2011 da Axenda Dixital elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e que foi presentado o pasado 2 de maio de 2012 aos integrantes do pleno do Observatorio para a Sociedade da Información (Osimga) xunto co plan de traballo deste organismo, dependente da Amtega, para 2012

O Goberno galego fixo fai tempo unha aposta pola tecnoloxía, unha aposta pola economía do coñecemento a través dunha nova folla de ruta: 2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Unha folla de ruta que cumpre agora dous anos desde a súa posta en marcha. Dous anos nos que se puxeron en marcha iniciativas altamente transformadoras que marcan un cambio de rumbo claro no xeito de facer as cousas no referente ás políticas tecnolóxicas da Xunta de Galicia.

Iniciativas, das que a través deste documento se fai balance, que suponen ata o de agora unha achega da Xunta de Galicia de 506 millóns de euros no período 2009 – 2011 e que mobilizaron case 154 millóns de euros de investimento privado, o que fai un total de máis de 660 millóns de euros de investimento para o desenvolvemento das diferentes actuacións derivadas da Axenda Dixital de Galicia. Un investimento que seguirá a medrar nos vindeiros anos, nos que se seguirá a traballar para avanzar na consecución dos obxectivos estratéxicos recollidos na devandita Axenda para lograr a inclusión de Galicia no novo contexto dixital europeo de forma definitiva no horizonte 2014.

Este investimento conseguiu diminuír nun 60% a poboación sen acceso a internet na Comunidade, mellorar os servizos públicos galegos grazas a integración das TIC na Administración e contribuír a impulsar o sector da economía do coñecemento como elemento clave para incrementar a produtividade das empresas galegas.

Así se recolle no informe Balance 2009-2011 da Axenda Dixital elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e que foi presentado o pasado 2 de maio de 2012 aos integrantes do pleno do Observatorio para a Sociedade da Información (Osimga) xunto co plan de traballo deste organismo, dependente da Amtega, para 2012.

Para máis información pode consultar o documento completo:

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter

Síguenos en

Facebook Twitter Flickr You Tube
Netvibes Delicious Issuu Rss
 

Temas relacionados

 

Destacados

OSIMGA
CDTIC
VolDixital
ReDe - Rexistro de demandantes
20121011_banner_entidades_colaboradoras
 

Axudas activas

Axudas 01
 
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia