
A execución da Axenda Dixital de Galicia conta cunha dotación orzamentaria de máis de 935 Millóns de euros de fondos públicos ata o 2014, o que suporá a o maior investimento de fondos públicos da historia de Galicia para o desenvolvemento da Sociedade da Información e da economía do coñecemento.

No entanto, trátase dun plan de todos e para todos, no que se integrarán tamén os esforzos privados. Preténdese conseguir un efecto multiplicador dos investimentos públicos mediante unha importante achega económica por parte dos axentes privados.
O investimento privado inducido estímase na orde dos 700 millóns de euros, fundamentalmente no despregamento de novas infraestrutura de telecomunicación, polo que finalmente o esforzo conxunto destinado ao desenvolvemento da Sociedade da Información roldará os 1.600 millóns de euros.
Volver