
O reto da converxencia dixital e o respaldo en materia tecnolóxica dos eixos de actuación do Plan Estratéxico 2014 de Galicia, materialízase nos cinco obxectivos estratéxicos da presente Axenda Dixital:
A folla de ruta que establece esta axenda determina uns obxectivos para a converxencia con Europa e o crecemento sostible. Tendo en conta estes obxectivos, algúns dos compromisos que pode adoptar a Xunta de Galicia son os seguintes:
- Impulsarase a creación, só no sector da economía de coñecemento ou hipersector TIC, de máis de 12.000 empregos ata 2014, pasando do 1,6% ao 2,5% da poboación ocupada.
- Potenciarase a transformación do sector da economía do coñecemento para aumentar a súa actividade económica en 800 M€ máis para o 2014, pasando do 4,8% ao 6% do PIB, e iniciando así a senda de converxencia con España e con Europa no que representa este sector para a economía dun país.
- A Xunta de Galicia reducirá nun 25% o gasto anual en TIC, aforrando así 30M€ cada ano a partir do 2014 e dedicando eses cartos a accións de investimento no marco que define esta Axenda Dixital. “Podemos conseguir unha administración que faga máis con menos”
- Así mesmo, reafírmase o compromiso de que no ano 2014 todos os expedientes administrativos poderán ser tramitados a través de Internet.
- O 100% dos funcionarios públicos contarán con competencias dixitais para construír unha administración máis eficiente e orientada ao cidadán.
- Adoptaranse medidas para reducir drasticamente a fenda dixital, establecéndose un obxectivo irrenunciable de converxencia coa Unión Europea nos indicadores esencias de emprego das TIC en fogares, pemes e autónomos.
- O 100% da poboación poderá contar con banda larga de a lo menos 2 Mbps e un millón de galegos terán aceso a redes de nova xeración con velocidades de 100 Mbps en 2013.
Volver