
Por ultimo, una séptima liña, que da soporte ao desenvolvemento das anteriores. Nesta liña, a Xunta de Galicia como elemento dinamizador do sector TIC rexional pretende establecer unha política de austeridade e simplificación de estruturas organizativas, de tal forma que se transforme nunha administración áxil, de confianza e segura.
Débese adecuar o modelo de xestión do das políticas tecnolóxicas aos requirimentos e novos tipos de servizos demandados pola sociedade galega co obxecto firme de incrementar a axilidade no desenvolvemento de servizos, reaproveitar os recursos existentes e incrementar a coordinación entre todos os axentes involucrados.
Este novo modelo de xestión, sumado a todas aquelas medidas adicionais que permita unha xestión integral, redución de custos e optimización de esforzos, pero que á vez sexa suficientemente áxil, eficiente e flexible para dar resposta ás novas necesidades serán o eixo desta liña estratéxica.
Neste sentido, tamén dentro desta liña, e para buscar o máximo aliñamento e coordinación, e por tanto sinerxias e aforro de custes, adquire unha clara relevancia a necesidade do desenvolvemento das necesarias actuacións de coordinación e liderazgo integrador no marco das actuais vías de cooperación no eido tecnolóxico con concellos e deputacións, traballando así por consolidar unha Axenda Dixital Única para Galicia.
O modelo actual de prestación de servizos informáticos e de comunicacións na Xunta de Galicia signifícase por representar un estrito seguimento de mecanismos, procedementos e prazos moi dilatados, tanto para a adquisición de bens e servizos (Lei de Contratos do Sector Público) coma para a contratación de persoal (Convocatoria pública de emprego, procesos de consolidación de postos, etc.), mecanismos que veñen establecidos pola necesaria aplicación en todos os seus termos e requisitos da normativa que afecta aos organismos públicos, sexa cal sexa a súa actividade.
Na presente lexislatura, a aparición da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) constituíu un punto de inflexión na orientación das políticas TIC da Xunta, no sentido de que supoñía a constatación de que estas determinan un instrumento de alto nivel estratéxico polo seu potencial para impulsar a modernización da administración pública, así como a súa capacidade para impulsar e sustentar o desenvolvemento social e económico de Galicia
Obxectivos
A SXMIT integrou unha grande cantidade de competencias co obxecto de que se facilite o desenvolvemento dunha estratexia tecnolóxica eficaz da Xunta e postúlase como o embrión dun novo Modelo de Xestión das políticas tecnolóxicas para a Administración Autonómica de tal maneira que se garanta:
Enfoque e aspectos clave
Nesta liña, tal e como se comentou, establécese a necesidade de constituír unha nova entidade de xestión das TIC de carácter público e adscrita a todos os niveis á Xunta de Galicia que aglutine as competencias que son responsabilidade da SXMIT e que concentre os recursos humanos, materiais e orzamentarios asociados aos actuais departamentos TIC dispersos nas Consellerias de la Xunta.
O investimento en TIC é esencial para promover a calidade, equidade e sostibilidade dos servizos públicos de maneira que o novo modelo basearase na centralización das competencias sobre os servizos tecnolóxicos nunha única organización de carácter público, cun progresivo avance cara á prestación de servizos e actividades que supoñan un maior valor engadido e un maior coñecemento do modelo funcional das distintas Consellerías de la Xunta de Galicia ás que se prestará servizo.
Con todo, determinarase o marco xurídico operativo que permitirá a aplicación de normas máis comúns do dereito privado, sen perder o carácter de organización pública da Administración da Xunta e que lle permitirá dotarse dun modelo de xestión TIC corporativa óptimo, baixo as premisas da eficiencia, responsabilidade e flexibilidade.

A necesidade de que se adopte, para unha mellora dos servizos que presta ao cidadán, unha forma xurídica e organizativa xeral máis áxil, que lle dote dun maior nivel de autonomía e de flexibilidade na xestión, fixo que a fórmula xurídica máis axeitada para a nova entidade se decidise que fose a de "Axencia Pública"
Con todo, e tal e como se enuncia no Anteproxecto de Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico de Galicia na súa disposición adicional cuarta, determínase a creación da Axencia para a Modernización e Innovación Tecnolóxica de Galicia.
Este modelo permitirá xestionar as iniciativas e actuacións que sobre tecnoloxías da información se desenvolvan na Xunta de Galicia, así como proporcionar un novo modelo de xestión das TIC para a Administración Autonómica co obxecto de xestionar de xeito máis eficaz e eficiente os recursos globais, e orientarse cara a políticas de optimización e redución do gasto.
Volver