Xunta de Galicia

Estratexia

AXENDA DIXITAL

L5. Empresa innovadora e economía dixital

As empresas galegas, independentemente do seu tamaño e sector, utilizarán intensiva e extensivamente as TIC para innovar tanto no desenvolvemento de produtos e servizos que satisfagan plenamente aos seus clientes, como na súa propia operativa e modelo de negocio, de maneira que poidan transformarse optimizando en cada momento as súas capacidades competitivas.

É preciso que as empresas galegas, especialmente Pemes e microempresas, sexan capaces de utilizar as TIC para ser máis eficientes, aumentar a súa produtividade e innovar. Ademais, as TIC ofrecen unha gran oportunidade para que pequenas e medianas empresas poidan competir en mercados até agora inaccesibles.

Impulso do sector TIC: O sector TIC de Galicia debe ser un dos sectores estratéxicos da economía do futuro, e debe converterse en catalizador da competitividade do resto de sectores e da modernización da adminsitración.

É obxectivo da Axenda Dixital impulsar o hipersector TIC, de forma que sexa un soporte á competitividade do país, á vez que se consolide como un sector internacionalizado e cun peso significativo na economía galega.

Este impulso pasa polo aliñamento dos esforzos de todos os axentes deste sector -universidades, centros tecnolóxicos, empresas,… - para crear un círculo virtuoso entre oferta e demanda TIC, convertendo a este sector en tractor do resto de sectores estratéxicos grazas a ou uso das TIC e tamén en beneficio da demanda tecnolóxica.

As TIC preséntanse como a grande oportunidade das empresas galegas, sen exclusión por tamaño ou sector, de optimizar a súa competitividade no mercado e de innovar tanto no desenvolvemento de novos produtos e servizos, como na súa propia operativa, acadando maiores competencias e contribuíndo ao crecemento económico sostible da sociedade galega.

Obxectivos

  • Contribuír á creación de emprego e ao crecemento económico sostible de Galicia creando un novo modelo produtivo.
  • Facer máis competitivos os sectores estratéxicos de Galicia mediante a incorporación das TIC aos seus modelos de negocio (automoción, construción naval, enerxía, pedra e rocas ornamentais, téxtil, madeira, turismo).
  • Facilitar a incorporación de microPEMEs e autónomos á sociedade do coñecemento, reducindo a fenda dixital para converxer con España e Europa.

Enfoque e aspectos clave

Dende hai uns anos as empresas galegas están a facer fronte a unha importante transformación tanto interna como na súa contorna social e económica.
Neste contexto tan cambiante o seu éxito depende da súa capacidade para ser competitivas nos mercados globais, e a incorporación das novas tecnoloxías ten moito que dicir neste sentido.

Sen embargo, ata o de agora os esforzos centráronse en introducir e colocar as TIC na empresa, “as TIC polas TIC na empresa”, obviando a súa capacidade para facer da incorporación das mesmas unha vantaxe competitiva: “as TIC como investimento e non como gasto”.

Deste xeito, é preciso avanzar cara un novo enfoque centrado nas empresas, nos seus obxectivos e nas súas necesidades concretas. Un enfoque que permita coñecer cales son as pancas e as barreiras que fan que as empresas adopten ou rexeiten as TIC dende unha dobre perspectiva: o entorno económico e competitivo, é dicir, a presión do sector, dos competidores ou doutros axentes do mercado para adoptar solucións tecnolóxicas, e dende o punto de vista das capacidades internas ou o que é o mesmo, o nivel de sensibilización e de formación sobre as novas tecnoloxías, o nivel de dixitalización dos procesos, o nivel de equipamento, a experiencia, os medios económicos, etc.

É preciso un enfoque global e coordinado, capaz de integrar a oferta en TIC coas necesidades das empresas dos diferentes sectores estratéxicos de Galicia, é dicir, “lograr que as fagan súas”. É necesario un novo enfoque que lle permita ás empresas coñecer os usos das TIC (para que se empregan as TIC) e o seu modo de utilización (como se empregan).

Ademais débese apostar por un enfoque segmentado das necesidades TIC das empresas galegas. Unha axeitada segmentación permite deseñar actuacións mais e mellor focalizadas, e cun maior impacto, “maior eficacia das propias actuacións e maior satisfacción das empresas”. Ante a imposibilidade de abordar as empresas unha a unha, é necesario identificar grupos con caracteres homoxéneos en canto ao seu comportamento en relación ás TIC, xa que tanto as clasificacións tradicionais, como as sectoriais, non son determinantes para explicar o proceso de absorción das novas tecnoloxías.

Empresa innovadora

 

De acordo co enfoque formulado, o novo modelo de incorporación das TIC ás empresas dos sectores estratéxicos de Galicia debe entenderse coma un proceso constante que debe comezar por achegar as novas tecnoloxías aos empresarios mediante medidas sensibilizadoras para difundir o seu coñecemento e xerar confianza. Neste proceso tamén xogará un papel moi importante o asesoramento e o acompañamento, e polo tanto, a figura dos titores tecnolóxicos, que axudarán a coñecer a situación das empresas identificando cales son as súas necesidades concretas, facilitarán o desenvolvemento das capacidades tecnolóxicas e impulsarán a implantación de procesos e produtos innovadores e axeitados aos seus mercados.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter

Síguenos en

Facebook Twitter Flickr You Tube
Netvibes Delicious Issuu Rss
 

Temas relacionados

 

Destacados

OSIMGA
CDTIC
VolDixital
ReDe - Rexistro de demandantes
20121011_banner_entidades_colaboradoras
 

Axudas activas

Axudas 01
 
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia