Xunta de Galicia

Estratexia

AXENDA DIXITAL

L4. Impulso ao sector da economía do coñecemento

O Sector TIC converteuse nos últimos anos nunha peza clave para o desenvolvemento económico de Galicia polo seu potencial para crear emprego e a súa capacidade innovadora.

O propio Plan Estratéxico 2010-2014 e a nova Axenda Dixital de Galicia fan un recoñecemento da súa importancia para contribuír á dinamización e a aumentar a competitividade da economía rexional, cualidades que o converten non só nun sector estratéxico, senón nun sector tractor do resto de sectores estratéxicos de Galicia 

Obxectivos

  • Consolidar un sector TIC competitivo, innovador e xerador de emprego cualificado, capaz de facer fronte aos retos da nova economía do coñecemento.
  • Construír un sector TIC cohesionado e integrador, que actúe como motor do resto de sectores estratéxicos de Galicia.
  • Converter o sector TIC nun sector forte en busca da excelencia tecnolóxica, que estimule a creación dunha clase emprendedora e creativa.

Enfoque e aspectos clave

As novas oportunidades xeradas polo continuo desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia, así como na contorna nacional e internacional, unido ás propias fortalezas do sector TIC galego, esixen a execución de políticas encamiñadas a favorecer un mellor posicionamento do sector da economía do coñecemento existente en Galicia.

Para acadar esa mellora competitiva, 2014.gal Axenda Dixital de Galicia aposta pola capacitación e a especialización de capital humano. As expectativas de crecemento do sector rexional, xunto coa incursión das empresas galegas do sector en mercados emerxentes, fan prever a necesidade de crear novos empregos de alta cualificación. As previsións apuntan a que para 2014 se crearán 12.000 novos empregos.

Para dar resposta a estas realidades, desenvolveranse medidas encamiñadas a incrementar a capacitación do capital humano, xunto con políticas de persoal capaces de atraer persoal cualificado ao sector e fomentar a retención de coñecemento nas empresas.

Ademais, fronte ao cambio de modelo produtivo que estamos a afrontar na actualidade e o pulo dunha nova economía do coñecemento, cómpre impulsar de xeito decidido a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica. Queremos que Galicia sexa una terra de emprendedores, na que as novas empresas tecnolóxicas poidan nacer, crecer e consolidarse para competir nun mercado mundial.

Na mesma liña, tamén é necesario facer de Galicia unha fonte de coñecemento tecnolóxico “dende as Universidade e para os sectores estratéxicos da rexión”, articulando os mecanismos necesarios para incrementar os niveis de transferencia de coñecementos tecnolóxicos ás empresas e a capacidade de transformación en produtos, procesos ou servizos innovadores.

Outro dos grandes retos do sector está ligado á especialización das empresas en segmentos altamente innovadores e co desenvolvemento dos mercados nos que actúan. Para lograr estes obxectivos, Galicia debe apostar por definir un marco de cooperación dentro do mesmo sector, coordinado a través da figura do clúster TIC.  En consecuncia, é necesario definir un clúster forte, que se converta no elemento de referencia e o punto de encontro de todos os axentes que conforman o sector TIC rexional.

No seu camiño por fortalecer o sector TIC galego, 2014.gal tamén debe apostar por consolidar estruturas eficientes de apoio á innovación e refinar os servizos de  financiamento existentes, orientando os sistema de axudas a mellorar a competitividade das empresas do sector da economía do coñecemento.

Finalmente, a Axenda Dixital de Galicia impulsará o aliñamento da oferta do sector TIC  coa demanda do tecido empresarial galego. Para elo será preciso desenvolver accións de adecuación encamiñadas a lograr por parte do sector TIC, unha oferta ampla e cualificada de servizos profesionais, produtos e servizos avanzados axeitados ás necesidades reais dos sectores estratéxicos de Galicia. Este vínculo entre a oferta TIC e os sectores estratéxicos crearase progresivamente en base á construción dunha relación de coñecemento e confianza mutuos.

Impulso ao coñecemento da economía do coñecemento

 

Deste xeito o sector TIC non só se converterá nun sector estratéxico en si mesmo, senón que tamén actuará como motor dos sectores estratéxicos de Galicia impulsando un novo modelo produtivo baseado na economía do coñecemento.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter

Síguenos en

Facebook Twitter Flickr You Tube
Netvibes Delicious Issuu Rss
 

Temas relacionados

 

Destacados

OSIMGA
CDTIC
VolDixital
ReDe - Rexistro de demandantes
CODFIX
 

Axudas activas

Axudas 01
 
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a