Estratexia Europa 2020
Os últimos anos deixaron a millóns de persoas sen emprego en Europa, xeraron unha débeda que representará unha carga durante moitos anos e exerceron novas presións sobre a nosa cohesión social. Tamén puxeron de relevo algunhas verdades fundamentais sobre os desafíos aos que se enfronta a economía europea.
A crise é unha chamada de atención, o momento de recoñecer que «deixar que as cousas segan igual» nos relegaría a un declive gradual, á segunda fila da nova orde global. Esta é a hora da verdade para Europa. Precisa saír da crise, atopar o rumbo e mantelo.
E ante este momento de transformación que está a atravesar que votou por terra anos de progreso económico e social e deixou ao descuberto as debilidades estructurais da economía europea, a Comisión deseñou unha estratexia para axudarnos a saír fortalecidos da crise e a converter á UE nunha economía que desfrute de altos niveis de emprego, de productividade e de cohesión social.
Éste é o cometido de “Europa 2020: Unha estratexia para un crecemento intelixente, sustentable e integrador” (Bruxelas, 3.3.2010 - COM(2010) 2020), que constitue unha nova visión da economía social de mercado de Europa para o século XXI, capaz de xerar novos empregos e de lograr unha mellor calidade de vida para todos os cidadáns.
Europa 2020 propón tres prioridades que se reforzan mutuamente:
- Crecemento intelixente: desenvolvemento dunha economía baseada no coñecemento e a innovación.
- Crecemento sustentable: promoción dunha economía que faga un uso mais eficaz dos recursos, que sexa mais verde e competitiva.
- Crecemento integrador: fomento dunha economía con alto nivel de emprego que teña cohesión social e territorial.

Nesta contorna, Europa 2020 establece sete iniciativas para catalizar os avances en cada un dos temas fixados como prioritarios. Unha delas, consiste na definición da Axenda Dixital para Europa (Bruxelas, 19.05.2010 COM (2010) 245) que fai das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) a peza clave para que Europa acade ás súas ambicións para 2020.
Algúns dos eixos de actuación nos que se estrutura a Axenda Dixital co obxectivo de contribuir ao crecemento económico de Europa son os seguintes:
- Servizos Públicos Dixitais: é necesario o desenvolvemento de novos e mellores servizos públicos dixitais, que reactiven a demanda e fagan explícitas as vantaxes da economía dixital e o goberno aberto. Estes servizos públicos deben promover a reutilización da información do sector público, incrementar a eficiencia da Administración e impulsar unha redución significativa das cargas administrativas de cidadáns e empresas, así como contribuír a unha economía máis eficiente.
- Uso de internet, seguridade e confianza: Europa necesita unha Internet máis segura, na que os cidadáns sexan capaces de aproveitar todas as potencialidades a través dunha adecuada alfabetización dixital, especialmente dos colectivos máis desfavorecidos ou reticentes ao seu uso. O sector público ten aquí un labor fundamental como proveedor de servizos públicos fundamentais en áreas como o e-Goberno ou a e-Saúde.
- Fortalecer a competitividade do sector TIC europeo: hai que reforzar a competitividade do sector TIC apostando pola investigación, o desenvolvemento e a innovación mediante programas mellor adaptados ás especiais características das empresas do sector, especialmente as pemes.
- Mercado Único Dixital: a UE debe crear un verdadeiro Mercado Único Dixital, soporte fundamental da economía do coñecemento en Europa, e promocionar de maneira activa os mercados europeos de contidos dixitais existentes, mediante solucións prácticas que impulsen novos modelos de negocio.
- Infraestruturas: a UE debe contar con infraestruturas sólidas, máis rápidas e eficientes, especialmente respecto da banda larga e as redes de futuro. É preciso adoptar medidas concretas para superar a fenda dixital alcanzando o obxectivo do 100% de cobertura de banda larga básica para todos os cidadáns en 2013 e promover unha ampla penetración da banda larga de velocidade ultrarrápida en 2020.