Xunta de Galicia

Mapa de servizos da Oficina Técnica de Banda Larga de Galicia 2010 - 2013

A Oficina Técnica é un recurso da Xunta de Galicia, que dentro do marco do Plan de Banda Larga de Galicia 2010 – 2013, encárgase de xestionar e controlar a execución das distintas actuacións para asegurar a calidade na consecución dos obxectivos establecidos, realizando tanto actividades de soporte técnico e operativo, como de atención á demanda de información cidadá durante a execución do plan.

Santiago de Compostela | 25/02/10

Os principais obxectivos da Oficina Técnica son coordinar e tutelar a execución do plan, así como, velar pola exitosa consecución de proxectos específicos liderados e executados por un grupo/área e por aqueles proxectos de alcance máis amplo, que sexan tractores e involucren a máis dunha área/grupo ou a outro tipo de axentes.

Deste xeito, a Oficina Técnica constitúe un punto único de referencia para todos os axentes involucrados no Plan de Banda Larga fomentando o avance homoxéneo das distintas actuacións do plan e incentivando a eficiencia e efectividade das mesmas.

A Oficina Técnica pon en marcha distintos servizos para apoiar o desenvolvemento das distintas actuacións do Plan de Banda Larga, axilizando así a consecución dos seus obxectivos. Ditos servizos agrúpanse segundo a súa índole en servizos de Xestión, Control e Seguimento das actuacións do plan, así como, en servizos orientados á atención do cidadán en todo o referente aos proxectos de despregamento de rede de banda larga derivados do Plan de Banda Larga.

Pódese contactar coa Oficina Técnica de Banda Larga en: oficina.bandalarga@xunta.es / oficina.bandaancha@xunta.es ou no teléfono : 981 95 78 68. 

Organismo promotor: Xunta de Galicia
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a