Xunta de Galicia

Iniciativas de Impulso ao Software libre e código de fontes abertas en Galicia (FLOSS)

O presente documento ten como obxetivo definir as iniciativas para o impulso á implantación de software libre e o uso de estándares abertos na nosa comunidade, establecendo mecanismos que faciliten compartir e reutilizar o software.

Santiago de Compostela | 12/01/10

A pesar das fortalezas en Galicia no ámbito do software libre: contamos con un tecido asociativo do software libre en crecemento: Empresarial (AGASOL) e voluntariado (Grupo galego de usuarios de GNU/Linux e Comunidade de voluntarios de traductores ao galego), Oficinas de Software Libre das 3 universidades galegas ou a creación de empresas novas con servizos de Software libre (77 empresas rexistradas) é preciso dinamizar certos aspectos que requiren unha especial atención:

- Impulsar unha oferta de solucións libres de calidade, facendo fincapé en dar resposta a determinados sectores estratéxicos.

- Impulsar a implantación efectiva dos estándares abertos, que permitan a coexistencia cos aplicativos de software propietario.

- Fortalecer os mecanismos de formación e difusión respecto aos modelos de desenvolvemento de Software libre e a súas vantaxes competitivas. 

Organismo promotor: Xunta de Galicia
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a