Xunta de Galicia

Axenda Dixital de Galicia 2014.gal. Balance 2011

Preto de dous anos despois do seu lanzamento xa foron executadas diversas iniciativas enmarcadas nesta folla de ruta que dan resposta a actuacións prioritarias para o noso Goberno como son intensificar os apoios aos sectores produtivos, impulsar o emprendemento e potenciar a internacionalización e a innovación, piares fundamentais para facer unha Galicia máis competitiva.

Santiago | 02/05/12

Coa súa posta en marcha en xuño de 2010, Galicia iniciou o camiño do progreso tecnolóxico. Un camiño que permitirá a Galicia facer fronte aos retos da nova sociedade do coñecemento e integrarse definitivamente no novo contexto dixital europeo no horizonte de 2014.

Seguindo o compromiso de transparencia da Xunta de Galicia, a principios de ano é momento de facer balance do ano anterior e trasladar á sociedade galega os resultados das principais actividades levadas a cabo no marco desta estratexia e que poñen de manifesto que 2014.gal non é unha simple declaración de intencións senón que os seus obxectivos estratéxicos materialízanse a través de actuacións tanxibles que impactan significativamente no benestar social e no crecemento económico da nosa comunidade.

Así se recolle no Balance 2011 da Axenda Dixital elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e que foi presentado o pasado 2 de maio de 2012 aos integrantes do pleno do Observatorio para a Sociedade da Información (Osimga) xunto co plan de traballo deste organismo, dependente da Amtega, para 2012.

Para máis información pode consultar o documento completo:

Organismo promotor: Xunta de Galicia
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia