
Alcance e obxectivos
Obxectivos
O Programa Voluntariado Dixital é un proxecto solidario que ten como misión garantir a inclusión dixital de toda a cidadanía, mediante a colaboración de persoas voluntarias, co obxectivo de fomentar a inclusión social, utilizando as TIC como ferramenta. Para iso establécense os seguintes obxectivos:

Voluntarios
O programa entende como voluntario dixital o internauta maior de 18 anos, cun coñecemento tecnolóxico de usuario medio capaz de axudar cos seus coñecementos e sentido da solidariedade á alfabetización dixital.
Os voluntarios terán á súa disposición un programa de capacitación incluído no Plan de Formación do Voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para poder realizar as actuacións de apoio dixital, quen tamén asumirá o seguro de accidentes e responsabilidade civil dos mesmos. Ademais da formación os voluntarios recibirán o recoñecemento ao seu labor en forma de certificación da súa participación nas actividades que desenvolvan e terán a posibilidade de poñerse en contacto con profesionais do sector galego das novas tecnoloxías, o mundo empresarial e o terceiro sector.
Colectivos destinatarios
O Programa de Voluntariado Dixital aínda que está aberto a toda a cidadanía en xeral, oriéntase especialmente a cubrir as carencias tecnolóxicas daqueles colectivos que presentan un maior risco de exclusión social.
Na FASE INICIAL do Programa focalizaremos os nosos esforzos en dous colectivos:
Entidades colaboradoras
Entidades de acción voluntaria
Baixo este epígrafe o programa aglutina as organizacións non gobernamentais e de acción voluntaria que son as que participarán directamente na execución do proxecto e deberán estar inscritas no Rexistro e acción voluntaria da Xunta. Para incorporarse ao programa deben rexistrarse como entidade de acción voluntaria na web http://voluntariadodixital.xunta.es e solicitar voluntarios para proxectos do ámbito dixital que xa se está a desenvolver ou outras iniciativas de acción social relacionadas coas TIC que desexen poñer en marcha.
Mecenas dixitais e outras entidades
O programa establece outras dúas figuras que se adherirán ao proxecto a través da sinatura dun convenio: organismos públicos e privados que representan intereses profesionais, académicos, empresariais ou sociais e as empresas privadas do sector TIC que actuarán como mecenas dixitais.
As entidades públicas e privadas converteranse en colaboradoras fundamentais do programa realizando actividades de difusión entre os seus colectivos de actuación, cedendo o uso de espazos TIC e participando na selección e formación de voluntarios.
As empresas TIC actuarán como mecenas dixitais contribuíndo economicamente no programa de formación, na doazón de equipamento TIC e outros bens, na cesión de uso de espazos TIC, apoiando a comunicación ou financiando eventos específicos.
Volver