
Presentación
A Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa "TIC TAC Galicia", cofinanciado con fondos FEDER. Esta iniciativa persegue reforzar con novo equipamento os centros públicos para mellorar a accesibilidade á sociedade da información das persoas con discapacidade a través de actividades formativas e do uso da administración electrónica en Galicia.
O acordo contempla un investimento de 820.000 euros en Galicia, onde a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, está a coordinar a instalación de ordenadores adaptados para persoas con discapacidade en centros de acceso público a Internet. Deste xeito, facilítase o acceso ás novas tecnoloxías deste sector poboacional. Con este novo equipamento, os centros beneficiarios do programa están preparados para dar servizo aos cidadáns e para facilitar o acceso á sociedade da información a persoas con distintas discapacidades físicas ou sensoriais.
Deste xeito, o programa TIC TAC contribúe ao apoio que nestes momentos estase a prestar aos centros públicos, con actuacións de valor que potencian o seu uso destes e axudan á cidadanía a sacar todo o proveito ás infraestruturas instaladas en Galicia.
Para máis información consulta
Volver