Xunta de Galicia

Cidadanía

CIDADANÍA

Proxecto Tic Tac

Alcance e obxectivos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia seleccionou inicialmente como beneficiarios desta axuda a 149 centros públicos de acceso a Internet, entre os que se inclúen centros adheridos ao Plan de Alfabetización, bibliotecas públicas, hospitais, telecentros, aulas de formación, entre outros.Nestes espazos instalaranse, ordenadores e portátiles adaptados para que as persoas con discapacidade sensorial, cognitiva ou motora poidan acceder a internet. Ademáis, dotaráselles de lectores de DNI electrónicos e realizaranse xornadas de capacitación para que  persoas usuarias e responsables dos centros coñezan o uso axeitado destes equipos.

O propósito do presente proxecto é facer posible a plena integración das persoas con algún tipo de discapacidade no seu acceso á sociedade da información, coa eliminación das barreiras de acceso aos computadores, as actuacións contempladas no marco do proxecto son:

  • Suministro de dispositivos tecnolóxicos de apoio para o acceso aos computadores.
  • Accións de formación individualizada aos responsables dos centros adheridos para poder resolver dúbidas e aprender a utilizar os dispositivos xunto a un experto.
  • Xornadas formativas en grupo nas que os responsables dos centros adheridos puideran compartir inquietudes con outros compañeiros, contar as súas experiencias, e aprender un pouco máis sobre discapacidade.
  • Xornadas de difusión nas que puideran participar non só os responsables dos centros adheridos, senón tamén persoas con discapacidade para compartir a súa experiencia real, familiares, asociacións, profesionais ou calquera usuario do centro, co obxectivo de colaborar e aprender.

Para deseñar o  equipo informático e os dispositivos TIC adaptado, contouse coa colaboración do Centro Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas (CEAPAT), organización que ten por misión contribuir a facer efectivos os dereitos das persoas con discapacidade e persoas maiores, a través da accesibilidade integral, os produtos e tecnoloxías de apoio e o deseño pensado para todas as persoas.

O equipamento, que permite facer uso dun PC ao 60-70 por cento das persoas con algún tipo de discapacidade, combina software específico e elementos periféricos, desde ratos con bola xigante e conmutadores, que facilitan o manexo para usuarios con dificultades motoras, ata controladores do computador sen mans, que permiten manexalo cun sinxelo movemento do mentón ou a cabeza. Tamén inclúe teclados con teclas de gran tamaño para facilitar a pulsación, recomendado para persoas con problemas de mobilidade e/ou visión; pantallas táctiles, que se activan por contacto coa pel e mediante instrucións acústicas, e brazos articuladores para facilitar a suxeción destes dispositivos.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter

Síguenos en

Facebook Twitter Flickr You Tube
Netvibes Delicious Issuu Rss
 

Temas relacionados

 

Destacados

OSIMGA
CDTIC
VolDixital
ReDe - Rexistro de demandantes
20121011_banner_entidades_colaboradoras
 

Axudas activas

Axudas 01
 
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia