Xunta de Galicia

Cidadanía

CIDADANÍA

Rede CeMIT

Aulas

A finais do 2011 xa son 92 concellos nos que existen 98 aulas de acceso público ás novas tecnoloxías para cumprir os obxectivos da Rede CeMIT. A estratéxica localización das súas instalacións, ao longo de máis de 50 comarcas e 92 concellos, favorece que calquera dos seus usuarios non deba percorrer grandes distancias para achegarse ás aulas.

Deste conxunto, son 53 as entidades locais que asinaron o protocolo de adhesión que lles posibilita a contratación dun axente TIC para impulsar  no centro as actividades definidas no Plan de Formación da Rede.

20120206_mapa_galicia

Comproba se tes unha aula CeMIT no teu concello:

Na web da rede (http://cemit.xunta.es) hai un buscador de centros por provincias e concellos.

Catálogo de actividades formativas 2011

Os centros CeMIT están a ofrecer ao longo do 2011 máis de 1.000 cursos, nos 92 concellos nos que ten presenza a rede, repartidos en diferentes categorías temáticas, o que suporá máis de 10.000 horas de formación e 10.000 usuarios das actividades.

Os usuarios da Rede CEMIT poderán mellorar as súas habilidades na área das novas tecnoloxías en temas como a orientación laboral, as redes sociais, o comercio e banca, o ocio e servizos da rede, a administración electrónica, a xestión de empresas, o equipamento TIC e a conectividade, ofimática, seguridade TIC, alfabetización dixital básica, multimedia e audiovisual, comunicacións TIC, deseño gráfico e tratamento de imaxes, etc.

Na web da rede (http://cemit.xunta.es) hai un buscador de cursos, por provincias, concellos, tipo e temática.

Cursos de alfabetización dixital

http://cemit.xunta.es/sites/default/files/editor/files/Fichas_cursos_GL_ALFABETIZACION_DIXITAL.pdf (18/08/11)

Constitúe a peza angular do Plan de Formación 2011 ofrecido pola Rede CeMIT e está organizado en 11 áreas temáticas. A planificación dos cursos faise mes a mes, sendo diferente para cada aula CeMIT. Así mesmo, os interesados en realizar algún curso recollido neste programa formativo, poden poñerse en contacto co/a Axente TIC da súa aula e solicitar a súa celebración. O/a axente TIC, en función das necesidades detectadas, fixará a planificación dos cursos de alfabetización dixital e terá en conta as suxestións dos usuarios/as da aula.

Cursos multimedia e audiovisual

http://cemit.xunta.es/sites/default/files/editor/files/Fichas_cursos_GL_MULTIMEDIA_AUDIOVISUA.pdf (04/05/11)

Os cursos multimedia, cinco no 2011,  nacen coa finalidade de formar á cidadanía na creación de contidos e para proporcionar unha visión xeral de cada unha das ferramentas. Os cursos emítense desde o Centro Multimedia de Galicia (CMG) utilizando unha retransmisión interactiva realizada a través de dous sistemas complementarios e independentes: unha multiconferencia de vídeo-audio entre o posto do profesorado e un dos ordenadores das Salas Web e unha multiconferencia de datos entre o posto do profesorado e todos os postos do alumnado.

Cursos dos profesionais TIC

Estes cursos desenvólvense desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) e tratan tanto do uso de ferramentas de programación, xestión de redes  como de  aplicacións específicas. Ademais hai unha porcentaxe importante de cursos ligados ao coñecemento de sistemas baseados en código aberto (FLOSS). 

Cursos dos empregados públicos

Estes cursos desenvólvense desde a Escola Galega de Administración Pública, é comportan tanto cursos para usuarios xerais da administración autonómica e local como cursos para os profesionais TIC das administracións públicas.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter

Síguenos en

Facebook Twitter Flickr You Tube
Netvibes Delicious Issuu Rss
 

Temas relacionados

 

Destacados

OSIMGA
CDTIC
VolDixital
ReDe - Rexistro de demandantes
CODFIX
 

Axudas activas

Axudas 01
 
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a