Xunta de Galicia

Cidadanía

CIDADANÍA

Rede CeMIT

Obxectivos

A Rede CeMIT nace co obxectivo de difundir os coñecementos e prácticas no uso nas tecnoloxías da información e a comunicación, en especial nos lugares e colectivos onde a fenda dixital se fai máis evidente, de xeito que contribúan a:

  • Vertebrar territorial e socialmente Galicia grazas á creación de condicións de acceso igualitario ás TIC de servizos de formación nas TIC como facilitador da procura de emprego.
  • Impulsar o crecemento do sector empresarial tradicional a través da formación no uso das novas tecnoloxías como elemento imprescindible para o aumento da súa competitividade.
  • Especializar aos profesionais do sector TIC e incrementar a capacidade deste sector de prestar servizos cada vez máis avanzados.
  • Potenciar os coñecementos tecnolóxicos do empregado público como garante do éxito do actual esforzo da Xunta de Galicia no impulso da e-administración.

Os diferentes servizos teñen como público obxectivo os seguintes colectivos: a cidadanía, na que se inclúen os desempregados, inmigrantes, mulleres, persoas con discapacidade e maiores; os profesionais das TIC, tanto ocupados como desempregados; os traballadores de empresas, micropemes e autónomos; os empregados públicos e os axentes territoriais, colectivo que agrupa aos servizos municipais, asociacións civís, empresariais, ONGs, ANPAS, etc.

Así, a Rede fomentará as iniciativas orientadas a impulsar o emprego das TIC de cara a promover a empregabilidade, a competitividade empresarial, a eInclusión, o eBenestar e o pulo da eAdministración.

Obxectivos Rede CeMIT 2012

Os obxectivos da Rede CeMIT para o ano 2012 pasaban por:

  1. Chegar aos 15.000 usuarios.
  2. Impartir 20.000 horas de formación.

Até o mes de setembro de 2.012 máis de 17.000 galegos participaron nos cursos do Plan de Formación 2012 superando así os obxectivos establecidos para todo o 2012.

Nas mesmas datas foran impartidas máis 21.000 horas de formación nos 98 centros que a integran. A maioría (máis de 12.000) corresponden a cursos de alfabetización, mentres que os cursos multimedia supuxeron máis de 3.650 horas de formación. Os cursos e seminarios de formación avanzada para profesionais TIC impartidos no CNTG superaron as 2.000 horas e os desenvolvidos na EGAP para os empregados públicos supuxeron preto de 2.000 horas.

Así, de seguir este ritmo, e atendendo á programación prevista, alcanzaríanse cifras de actividade superiores ás 28.500 horas, claramente por encima dos obxectivos establecidos.

Centros da rede

A rede CeMIT parte dalgunhas aulas de informática e multimedia da Xunta de Galicia existentes en Galicia, mais tamén contempla a adhesión, segundo un modelo establecido, daqueles concellos ou entidades que dispoñan dun aula de acceso público que cumpra uns requisitos mínimos para o desenvolvemento dos servizos e actividades da Rede CeMIT, como poden ser ás bibliotecas, centros cívicos, asociacións, fundacións, etc.

Os centros adheridos poderán utilizar a infraestrutura tecnolóxica e software de propósito xeral (portal web, correo electrónico, repositorio de contidos, plataforma de teleformación, comunidade virtual,...) que lles permita desenvolver a súa labor e facilite a posta en común de experiencias que enriquezan ao conxunto dos axentes que conformen a Rede CeMIT.

Catálogo de servizos

A Rede CeMIT ofrece un amplo abano de servizos orientado a impulsar o coñecemento nas TIC entre os diferentes colectivos baseándose nas seguintes actividades:

FORMACIÓN

A formación é un dos servizos principais que ofrecerá a rede a cidadáns, profesionais TIC, empresas, empregados públicos e axentes territoriais a través de tres modalidades:

  • Formación presencial: impartida directamente nos centros da rede a través de métodos que combinan a exposición de conceptos coa demostración de procesos e a execución guiada do grupo, para o que se definirán as accións de formación que se detallan a continuación:
    • Formación en alfabetización dixital
    • Formación avanzada profesionais TIC
    • Formación multimedia e audiovisual
    • Formación empregados públicos
  • Formación on-line: para permitir aos cidadáns realizar actividades formativas a través dun centro virtual de formación con dúas funcións complementarias: titorización e interacción.
  • Formación mixta: baseada no concepto de blended-learning, é dicir, combina actividades presenciais, síncronas e en liña. Así, durante os días de duración do curso, emítese un capítulo do video documental realizado para a ocasión cos contidos do curso, seguido dunha explicación e resolución de dúbidas (tutorización) polo técnico experto, utilizando a plataforma de teleformación.

ACTIVIDADES DE DIFUSIÓN

Organización de charlas e xornadas de sensibilización e divulgación das actividades da Rede, e tamén orientadas á captación de novos usuarios e a introdución de temas relacionados coas novas tecnoloxías. Normalmente  serán actividades planificadas en función das necesidades e demandas detectadas.

AULA ABERTA

Os centros da Rede tamén se converterán en “aulas abertas”, auténticos espazos nos que os seus usuarios/as, dentro dun horario establecido, poderán acceder libre e gratuitamente á utilización das aulas, para o que contarán co apoio e asesoramento dos axentes TIC.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter

Síguenos en

Facebook Twitter Flickr You Tube
Netvibes Delicious Issuu Rss
 

Temas relacionados

 

Destacados

OSIMGA
CDTIC
VolDixital
ReDe - Rexistro de demandantes
20121011_banner_entidades_colaboradoras
 

Axudas activas

Axudas 01
 
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia