Xunta de Galicia

Cidadanía

CIDADANÍA

Proxecto Abalar

Presentación

O proxecto ABALAR ten a súa orixe na palabra celta "Abal", que significa mazá, a froita da sabedoría, e no termo galego "Abalar" para transmitir a mensaxe de promover e facilitar o movemento, o cambio e a transformación na educación.

ABALAR é o proxecto que sustancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención do executivo galego.

ABALAR inclúe e integra a todas as iniciativas no ámbito educativo, dunha maneira organizada, eficiente e lóxica, aproveitando os recursos que a Administración Xeral do Estado propón ás comunidades autónomas no marco do proxecto "Escola 2.0".

O proxecto ABALAR persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización.

O proxecto busca maximizar o aproveitamento dos recursos, coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo apoiado na formación do profesorado e a modernización do ensino que suporá a conversión dos colexios e institutos galegos en centros educativos dixitais (CED).

O investimento realizado no curso 2010/2011 para a integración das TIC na educación foi de aproximadamente uns 12 millóns de euros, onde se incluía ademais da dotación de equipamentos e infraestruturas,  a formación a profesores e familias e o desenvolvemento dun portal propio. O proxecto, que estenderá a súa actuación ata 2013, ten a intención de achegar o antes posible as tecnoloxías da información e a comunicación a máis de 700 centros educativos e a 60.000 alumnos e alumnas.

http://www.edu.xunta.es/web/abalar

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a