
Curso escolar 2011 / 2012
No DOG de abril de 2011, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria realizou unha convocatoria para seleccionar os novos centros adscritos á Rede Abalar para o curso 2011/2012, cuxo resultado se publicou en agosto.
Para presentar as solicitudes, os centros debían cumprir uns requisitos técnicos (cableados de datos, conexión á rede corporativa da Xunta de Galicia con velocidade mínima de 2 Mbits, e circuítos eléctricos debidamente dimensionados e protexidos) nas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de ESO, obxecto do proxecto, e unha serie de requisitos organizativos (apoio do claustro e do consello escolar, seleccionar un coordinador Abalar, presentar un proxecto sobre a integración do Abalar no centro, …)
Durante o curso 2011-2012 incorporáronse 77 centros adicionais á Rede de Centros Abalar, que actualmente está composta por 370 centros, dos cales 283 son públicos (77% do total) fronte a 87 concertados.
| PROVINCIA |
CENTROS NOVOS |
TOTAL CENTROS ABALAR | ||
| PUB | CONC | PUB | CONC | |
| A CORUÑA | 30 | 5 | 116 | 35 |
| LUGO | 11 | 0 | 51 | 8 |
| OURENSE | 8 | 0 | 39 | 9 |
| PONTEVEDRA | 18 | 5 | 77 | 35 |
| TOTAL | 67 | 10 | 283 | 87 |
| 77 | 370 | |||
Outros datos estatísticos
O presente curso escolar 2011/2012, é o ano académico para consolidar o proxecto Abalar, que chega xa a 370 centros e 33.000 alumnos. Este proxecto xunto con outros proxectos innovadores conseguiron que a taxa de fracaso escolar diminuíra 3 puntos porcentuais en dous anos, chegando a unha taxa de 23,1%, 5,3 puntos mellor que a taxa media española que se sitúa no 28,4%.
O obxectivo é chegar no ano 2020 a unha taxa do 15% en Galicia.
Curso escolar 2010/2011
No curso escolar 2010/2011, formaron parte da primeira fase do Proxecto ABALAR e transformarse en centros educativos dixitais 297 centros das diferentes provincias.
| PROVINCIA |
CENTROS | AULAS | ESTUDANTES | |||
| PUB | CONC | PUB | CONC | PUB | CONC | |
| A CORUÑA | 88 | 30 | 223 | 66 | 4.547 | 1.598 |
| LUGO | 40 | 8 | 83 | 13 | 1.611 | 334 |
| OURENSE | 32 | 9 | 73 | 18 | 1.456 | 412 |
| PONTEVEDRA | 60 | 30 | 147 | 59 | 3.043 | 1.402 |
| TOTAL | 220 | 77 | 526 | 156 | 10.657 | 3.746 |
| 297 | 682 | 1.403 | ||||
A selección dos centros educativos realizouse en función das solicitudes realizadas polos propios centros, dos medios que dispoñían (conectividade, rede eléctrica) e tamén, da disposición do profesorado para participar no proceso de formación. Por outra banda, aplicouse o principio de reequilibrio territorial, otorgando unha discriminación positiva para as zonas rurais e interiores de Galicia.
Durante o mes de maio de 2010, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria presentou o Plan en Ferrol, Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo e Vigo, e logo realizáronse reunións cos directores dos centros que formaron parte da primeira fase do proxecto.
Por outra parte, en canto ao investimento realizado por provincias, en Lugo foi de 1.430.000€ , en Ourense de 1.450.000€, en Pontevedra de 3.550.000€ e na Coruña de 4.890.000€. Adicionalmente, destináronse 800.000€ á adaptación e o mantemento de sistemas e liñas de conexión.
En novembro do 2010, presentouse o espazoAbalar (www.edu.xunta.es/espazoAbalar/) co obxectivo de converterse no portal referente dos servizos educativos en Galicia de toda a comunidade educativa. Así, o espazoAbalar conta co espazoProfesores, para facilitar a comunicación dos docentes cos pais ou titores do alumnado, e o espazoFamilias, para achegar as familias máis información sobre a vida académica dos seus fillos/as.
A partir de marzo, as vantaxes do novo espazo ampliáronse a todos os centros educativos de Galicia que imparten Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria ou Bacharelato, e non só aos integrados no Proxecto Abalar, como ata ese momento. Con esa acción deuse un paso máis nunha das iniciativas máis innovadoras da Consellería de Educación, o seguimento personalizado da vida académica do alumnado.
Por outra parte, para o fomento da cultura dixital tanto no ámbito do profesorado como dos alumnos e familias realizáronse actividades de formación. No primeiro bloque, do profesorado, realizáronse cursos para os 297 coordinadores Abalar, para o profesorado que participa en aulas Abalar; e para o profesorado que aínda non está a participar nas aulas Abalar, e deseñouse un plan de formación específico para os máis de 4.00 docentes para a súa habilitación no uso das TIC na práctica docente.
No ámbito da formación tamén desenvolveuse a actividade Navega con rumbo (http://www.edu.xunta.es/web/navegaconrumbo) co obxectivo de que as rapazas e rapaces máis novos, que poderiamos definir como nativos dixitais, tomasen conciencia dos beneficios e riscos que supón a navegación polo ciberespacio en toda a súa extensión, non só a través de páxinas web senón tamén das redes sociais, das que cada vez son usuarios máis asiduos. Adicionalmente, para as familias se fixeron charlas “Coñece o espazoAbalar” nos centros educativos.
En paralelo, proporcionáronse máis de 790 recursos educativos dixitais coa finalidade de ser empregados por toda a comunidade na ensinanza das distintas materias, tanto nas aulas coma nas casas.
Volver