
Alcance e obxectivos / Liñas actuación
|
O Proxecto Abalar, liderado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten como obxectivo chegar aos centros sostidos con fondos públicos de Galicia que imparten 5º e 6º de Primaria ou 1º e 2º de ESO durante os próximos anos, e para iso levará a cabo un proceso de cambio no que converxerán de forma coordinada e aliñada os seguintes eixos sobre os que se desenvolve o proxecto: - Equipamento e infraestruturas. - Contidos educativos. - Formación e fomento da cultura dixital. - Integración e participación. |
![]() |
A estratexia do proxecto ABALAR xira ao redor do concepto de centro educativo dixital (CED), que se configura como un modelo de referencia no que se recollen as características ideais xenerais a nivel de infraestruturas, servizos, procesos e mesmo a nivel organizativo que deben implementarse nos centros educativos para a integración do TIC na práctica educativa.
O centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e dispón de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos arrombados para o uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os axentes da comunidade educativa, na actividade docente, de aprendizaxe e administrativa.

Cada centro educativo de Galicia acometerá ao longo do proxecto a transición desde o seu estado actual cara a este modelo obxectivo. O modo e tempo en que levará a cabo a transición dependerá das circunstancias de partida, da necesidade, a dispoñibilidade de fondos, etc.

Todo o proceso está orientado a apoiar a xestión do cambio de modelo de centro educativo tradicional ao novo centro educativo dixital, e para iso, a continuación, detállanse os eixos de actuación do Proxecto:
Eixo1. Equipamento e infraestrutura
O proxecto garantirá a dotación e o mantemento da infraestrutura TIC en todos os centros, facilitando a conversión dos centros educativos tradicionais en Centros Educativos Dixitais (CED).
A dotación mínima das aulas dun centro educativo dixital contará con:
Un portátil na aula para o profesor ...![]() |
... Un ultraportátil por alumno/a... |
... Un punto de rede WiFi... |
...Un encerado dixital...![]() |
...Un proxector... |
... E un armario de carga.![]() |
Eixo2. Contidos educativos dixitais
Como elemento fundamental do novo modelo educativo do Proxecto Abalar, estase dotando ao profesorado, así como ao resto da comunidade educativa de contidos e recursos educativos dixitais, por medio do Repositorio de Contidos Educativos, e da plataforma de recursos educativos, que consta, entre outras, dunha aplicación en contorno web, instalada na rede local de centro educativo, e permite ao profesorado introducir e catalogar materiais educativos dixitais.
Eixo 3. Formación e fomento da cultura dixital
O obxectivo do Plan de formación é dar resposta ás necesidades do profesorado e das familias para acadar a plena integración das TIC no sistema educativo.
O Proxecto Abalar busca a adopción e integración cultural do TIC en todos os ámbitos do proceso educativo.
Eixo 4. Integración e Participación
O Proxecto Abalar dispón dun portal propio, "espazoAbalar", que é o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade:

Ás familias, os pais e nais dos alumnos/as poderán:
- Acceder á información académica dos seus fillos/as (cualificacións e faltas de asistencia).
- Acceder e modificar os datos persoais e de contacto.
- Consultar a matrícula de cada fillo/a, os profesores e os horarios.
- Subscribirse ás notificacións por medio do mail.
Aos docentes
- Facilitará información sobre as características e servizos que ofrecen os centros docentes.
- Facilitará novas canles de comunicación entre pais/nais, profesores, dirección e alumnado.
- Integrará as ferramentas e servizos de apoio á actividade docente: Aulas virtuais, repositorios de contidos educativos, ....
- Consultar e modificar os seus datos persoais.
- Subscribirse a notificacións para poder xestionar e realizar un seguimento do alumnado.
- Enviar avisos xerais aos responsables dun grupo de alumnos/as ou incidencias personalizadas aos mesmos.
- Realizar unha xestión detallada das citas de titoría solicitadas polos pais e nais.
Aos centros
- Pon a disposición da comunidade un taboeiro virtual que amosa os avisos realizados polo centro ás familias e profesores.
- Comunicación directa cos responsables e docentes por medio de avisos a colectivos e a grupos.
Repositorio de Contidos Educativos Dixitais
- A comunidade educativa ten a súa disposición o acceso a selección de contidos educativos dixitais, por materia educativa.
Volver