
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, en colaboración coa entidade Red.es do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, organiza a Xornada “EMPRESAS EN RED” dirixida ao sector dos talleres de venda, mantemento e reparación de vehículos, iniciativa enmarcada no marco da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, dentro da súa liña estratéxica EconomIC-T: “Empresa innovadora e economía dixital”, que ten como obxectivo promover a Sociedade da Información no tecido empresarial galego.
Entre as actuacións do programa Empresas en Red en Galicia atópanse estas Xornadas de Difusión dirixidas a empresarios e autónomos do sector de talleres de venda, mantemento e reparación de vehículos. Trátase dunhas xornadas con un carácter dinámico e participativo, onde se presenta información clara e se realizan demostración prácticas sobre as solucións tecnolóxicas palanca implantadas nos proxectos demostradores concretamente:
Os asistentes ás xornadas poderán coñecer a través dun empresario do sector que supón un “caso de éxito” como a implantación destas solucións melloraron a súa produtividade e a satisfacción dos seus clientes.
Programa e inscricións de Xornadas en Red en Galicia:
Para a súa inscrición pode facelo a través do teléfono 901.900.333 / 881.999.119, ou ben a través da páxina web: http://www.empresasenred.es/content/venta-mantenimiento-y-reparacion-vehiculos-santiago-compostela
Volver