Xunta de Galicia

Cidadanía

CIDADANÍA

Presentación

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Moderinización e Innovación Tecnolóxica, e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, asinaron un acordo de colaboración do programa  “Empresas en Red”,  o cal ten como obxectivo impulsar a adopción de solucións tecnolóxicas por parte das pemes e contribuir así a promoción da sociedade da información no tecido empresarial galego.

Este programa contempla a execución de proxectos demostradores por sectores de actividade onde se valida o impacto positivo que teñen as novas tecnoloxías no ámbito operativo e de negocio, mediante a implantación nunha mostra representativa de pemes dun sector de actividade determinado ás que se lles dota con equipamento TIC que inclúe hardware, conexión de banda larga, software e de solucións palanca, ademáis de formación e posta en marcha do sistema. Tras un período en funcionamento destas ferramentas, analizanse as aportacións e melloras experimentadas no negocio para convertirlas en “casos de éxito” que contribúan a acelerar o proceso de adopción de tecnoloxía por parte do resto das pemes do sector.

Os resultados dos proxectos demostradores expóñense nunha Xornada de empresas en red, que consiste nunhas actividades de difusión e sensibilización, nos que un empresario do sector, expón como a incorporación de solucións TIC no seu negocio permitiu mellorar a súa produtividade e a satisfacción dos seus clientes. Ademáis na mesma xornada pódese ampliar a información nun espazo habilitado onde as empresas colaboradoras do programa amosan os seus produtos e servizos.

Máis información: www.empresasenred.es

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter

Síguenos en

Facebook Twitter Flickr You Tube
Netvibes Delicious Issuu Rss
 

Temas relacionados

 

Destacados

OSIMGA
CDTIC
VolDixital
ReDe - Rexistro de demandantes
CODFIX
 

Axudas activas

Axudas 01
 
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a