Xunta de Galicia

Dinamizacion

DINAMIZACIÓN

Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)

A Xunta de Galicia puxo en marcha a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT, que se configura como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a sociedade da información en Galicia e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. Deste xeito, CeMIT coordinará as actuacións das distintas aulas públicas de acceso a internet dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidas a acadar a alfabetización dixital da sociedade galega e o desenvolvemento da sociedade da información.

A nova rede desenvolverase cunha imaxe de marca propia na que participen todas as administracións afectadas e que serva como elemento xerador de crecemento e desenvolvemento económico no marco das directrices da Estratexia Galega da Sociedade da Información.

Ademais, CeMIT posibilitará a adhesión de todos aqueles centros que dispoñan das infraestruturas necesarias, en particular os centros pertencentes á Red de Telecentros de España ubicados en Galicia e, en xeral, ás bibliotecas, centros cívicos, asociacións, fundacións, etc. que conten cos medios precisos para a súa incorporación. Así mesmo, a rede contará co apoio permanente da Dirección Xeral de Administración Local no desenvolvemento da Administración electrónica na Comunidade.

Así, a transformación da situación actual en CeMIT require unha intervención nos seguintes ámbitos:

• Territorial, coordinando nunha mesma rede os centros das redes existentes actualmente en Galicia, o que permitiría estar presentes na meirande parte dos 315 concellos de Galicia.

• Institucional, establecendo un modelo de colaboración cos diferentes organismos das administracións autonómicas e locais, poñendo á súa disposición os recursos, infraestruturas e servizos da rede para o desenvolvemento das súas políticas de goberno: empregabilidade, competitividade empresarial, Administración electrónica.

• Catálogo de servizos, definindo a carteira de servizos para prestar desde unha perspectiva estratéxica, transversal e multinivel, que permita o desenvolvemento de actividades diversas vinculadas á consecución de obxectivos comúns a toda a rede.

• Organización e xestión, configurando un novo modelo que reforce a estrutura en rede e implicando aos axentes locais na administración dos centros.

Nesta liña, os centros CeMIT ofrecerán ao longo deste ano máis de 100 cursos de 14 categorías diferentes nos 94 concellos nos que ten presenza a rede, é decir, preto de 3.000 horas de formación para achegar as novas tecnoloxías a toda a sociedade galega. Os diferentes servizos teñen como público obxectivo cinco colectivos: a cidadanía, na que se inclúen os desempregados, inmigrantes, mulleres, persoas con discapacidade e maiores; os profesionais das TIC, tanto ocupados como desempregados; as empresas, micropemes e autónomos; os empregados públicos e os axentes territoriais, colectivo que agrupa aos servizos municipais, asociacións civís, empresariais, Ongs, Anpas etc.

A continuación, pódense descargar os documentos Nova Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) e Carta de Servizos e Plan de Alfabetización Dixital 2010 en formato pdf.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Men�ame
  • Chuza!
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a