Xunta de Galicia

Cidadanía

CIDADANÍA

CODIX

Competencias necesarias para a súa obtención

O artigo 6 do Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática describe as competencias en ofimática necesarias para a obtención da certificación.

  1. Obterán a certificación galega de competencias dixitais en ofimática as persoas que acrediten as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no Plan Formativo Ofimático de Galicia, mediante a superación dunha proba convocada para ese fin pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Actualmente, o contido dese Plan coincide co do módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade.
  2. Non obstante, non terán que superar esta proba para obter igualmente a certificación galega de competencias dixitais en ofimática as persoas que xa teñan acreditados os seus coñecementos en ofimática por calquera dos medios seguintes:
  1. Título oficial de formación profesional inicial ou certificado de profesionalidade que inclúa a unidade de competencia UC0233_2 «Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación», expedidos pola autoridade competente.
  2. Certificación da autoridade competente que acredite estar en posesión da unidade de competencia UC0233_2 «Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación», obtida de acordo cos procedementos que se desenvolvan ao abeiro do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
  3. Certificación da autoridade competente que acredite ter superado algún dos seguintes programas de formación:
  1. O módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 «Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación», cursado en centros autorizados pola Administración laboral competente dentro da programación de accións formativas de formación profesional para o emprego, correspondentes a certificados de profesionalidade.
  2. O módulo profesional MP0440 «Tratamento informático da información», incluído en títulos de formación profesional, ou cando menos as súas unidades formativas MP0440_23: «Ofimática» (160 horas) e MP0440_33: «Multimedia» (38 horas), cursados en centros públicos ou privados autorizados pola consellería con competencias en materia de educación, ou ben doutros departamentos análogos das administracións estatais ou autonómicas.
  3. O certificado expedido pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia, na modalidade presencial, teleformación ou acceso libre, desenvolvidas pola Escola Galega de Administración Pública ou en colaboración desta con organismos ou entidades de formación do persoal ao servizo das administracións públicas, baixo a supervisión e o control da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter

Síguenos en

Facebook Twitter Flickr You Tube
Netvibes Delicious Issuu Rss
 

Temas relacionados

 

Destacados

OSIMGA
CDTIC
VolDixital
ReDe - Rexistro de demandantes
20121011_banner_entidades_colaboradoras
 

Axudas activas

Axudas 01
 
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia