Xunta de Galicia

Cidadanía

CIDADANÍA

Certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX)

Presentación

20120207_logo_codixDada a transcendencia que no momento actual teñen as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na nosa sociedade, a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia quere regular o proceso de obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, a través dun mecanismo normalizado de certificación, baseado tanto na formación como no proceso de acreditación destas competencias, que estea amparado pola lexislación vixente europea, estatal e autonómica e que sexa recoñecido e valorado tanto no ámbito público como privado.

Así, deste xeito, o Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática publicado no DOG número 229 de 30 de novembro e a Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se publican os modelos normalizados previstos no decreto (DOG núm. 248 de 29 de decembro) regulan a devandita certificación que permite simplificar o proceso de provisión de prazas e mellorar a formación continua na administración pública.

Por outra banda, a capacitación dixital da cidadanía é un dos elementos que serven de impulso á sociedade da información e do coñecemento. Por iso, cómpre activar a aprendizaxe, incentivar o uso dos servizos dixitais e recompensar a alfabetización tecnolóxica mediante o recoñecemento das competencias tecnolóxicas da cidadanía.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter

Síguenos en

Facebook Twitter Flickr You Tube
Netvibes Delicious Issuu Rss
 

Temas relacionados

 

Destacados

OSIMGA
CDTIC
VolDixital
ReDe - Rexistro de demandantes
20121011_banner_entidades_colaboradoras
 

Axudas activas

Axudas 01
 
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia