Xunta de Galicia

eAdministración

eADMINISTRACIÓN

Servizos públicos dixitais: Xustiza

Presentación e Alcance

A modernización da Xustiza, ademais de estar avalada polos representantes políticos, é tamén unha aspiración dos distintos colectivos profesionais que se encargan do funcionamento diario de xulgados e tribunais, e ven a constituír, unha prioridade das distintas organizacións que teñen atribuídas responsabilidades no seu goberno e funcionamento.

Na actualidade cóntase en Galicia con 53 sedes Xudiciais repartidas en 45 partidos xudiciais ademais das seccións das Audiencias Provinciais, as 7 sedes do IMELGA e as 12 sedes das fiscalías.

Senda 2014

Mapa de recursos xudiciais

A elaboración e execución do “Plan de sistemas Senda 2014”, o proxecto para o desenvolvemento das TIC na Administración de Xustiza en Galicia, establécese en base a unha estratexia e planificación que inclue a racionalización e redeseño de procesos, a actualización dos sistemas de información, o despregamento de infraestruturas e medios tecnolóxicos, a dotación dos recursos para levar a cabo as actuacións establecidas, así como un proceso axeitado de xestión do cambio.

En definitiva, trátase de evolucionar cara un modelo integral de sistemas de información na Administración de Xustiza en Galicia, adaptado ás necesidades da comunidade autónoma, garantindo a coordinación e interoperabilidade coas institucións da Administración de Xustiza e as CCAA, que facilite o novo escenario da xestión da xustiza que establece a NOX, e que de respostas as demandas dos profesionais e cidadáns.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia